19 may 2011

10ª SESIÓN (10 de maio de 2011)

Este pasado martes tivemos a conferencia de Francesc Cortada Hindersin, director da Área de Relacións con Organismos Oficiais da ONG Intermón Oxfam e Enxeñeiro de Camiños, quen nos introduxo no campo da axuda humanitaria de emerxencia na que é vital a eficacia das solucións a curto prazo, que se van replantexando a medida que o contexto vaia evolucionando.

22 dos 33 países que ocupan a cola no IDH experimentaron conflitos nalgún momento dende 1990, está a crecer o número de conflictos vinculados ó control dos recursos.

Realmente, os desastres naturais non son fortuítos. As crises humanitarias teñen que ver con estes conflitos e coa pobreza. O 90% dos desastres naturais teñen lugar en países en vías de desarrollo. Outro problema que afecta gravemente a xestión da axuda humanitaria é o reparto desigual da mesma debido a intereses xeoestratéxicos.

Pero, qué é realmente a axuda humanitaria? A axuda humanitaria está deseñada para protexer a dignidade humana e basease principalmente en 3 principios:
  1. - A diferenciación entre combatentes e non combatentes.
  2. - A limitación do uso da forza ( hospitales, depositos de auga..)
  3. - O principio de asistencia humanitaria. Sexa cal sexa o conflicto, o dereito internacional humanitario recoñéce o dereito da poboación a ser asistida, aínda que se atopa en crise dende os atentados do 11s.
Mais non só consiste en suministrar coidados e socorrer, senón en facelo dun modo imparcial, non discriminatorio e independente de ideoloxías e relixións.

DESASTRE = Vulnerabilidade + catástrofe - capacidades

Nunha crise humanitaria o primeiro que colapsa son os servizos de sanidade, a protección civil e a salubridade pública. Resulta fundamental a rapidez na resposta e o acceso á poboación afectada a través de corredores humanitarios, e sobretodo, comprender o contexto no que se traballa, saber que se traballará con xente que se atopa hundida emocionalmente e é preciso ter grandes capacidades de escoita activa, para garantir á eficacia da axuda.

Despois do descanso puxeronse diversos exenplos de crises humanitarias e de cómo se xestionou a axuda. A sequía de 1984 en Etiopía que matou a 300.000 persoas, a crise de Lagos, na que se planificou un campo de refuxiados de 200.00 persoas..Todos os exemplos nos mostraron o elevados grado de complexidade da resposta humanitaria. Unha axuda de emerxencia puntual que non contribúa ó desarrollo socioeconómico será só paliativa e está condenada o fracaso a medio prazo.

10 may 2011

ANUNCIO 10ª SESIÓN (10 de maio de 2011)

Martes, 10 de maio de 2011

Axuda en Emerxencia

- Conferencia de Francesc Cortada Hindersin, Director da Área de Relacións con Organismos Oficiais da ONG Intermón Oxfam; Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos; Especialista na área de Hidráulica e Enerxía e Diplomado en Cooperación para o Desenvolvemento.
Falará sobre a axuda en emerxencia e as adecuadas formas de actuación en casos de catástrofes humanitarias.

O martes, 10 de maio ás 18:00h na Aula 5 da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña.

8 may 2011

9ª SESIÓN (3 de maio de 2011)

A primeira parte da sesión correu a cargo de Enrique Peña González, profesor da Universidade da Coruña e profesor responsable da asignatura ICD, que nos veu a falar da Axuda Oficial para o Desenvolvemento (AOD).

Nun primeiro lugar quixo destacar que España foi un país receptor de axuda ata fai unha década, un dato que sorprende en xeral. Durante moitos anos, este país estivo recibindo unha axuda que posiblemente non soubo aproveitar: non se radicou a pobreza e malgastáronse cartos en ocasións.

Para introducir o concepto de AOD destacou que os países utilízano como mecanismo de comercio interno, en moitos casos pola vía dos créditos FAD; xeralmente non é unha axuda "gratuíta", se non que serve para que os países do norte expandan os seus mercados ou a súa tecnoloxía. Esta axuda ten diversos camiños: axuda multilateral (a organismos europeos como a ONU), axuda bilateral, financiación de ONGDs (tan só un 5% aproximadamente)... e un obxetivo: chegar ao 7%.

Coa crise vivida dende o ano 2008 hai dous temas importantes que se ven moi resentidos económicamente: o medioambiente e a cooperación. O número de pobres en España segue estando, segundo Cáritas, nun 10-12%, polo tanto a situación dos habitantes do resto do mundo nesta situación cada vez "importa menos".

Para finalizar a sesión levamos a cabo a representación do xuízo de Nike, que non sería posible sen o traballo feito por todos os participantes. Despois dun intenso cara a cara entre defensa e acusación, un desfile de testigos de ambas partes e unhas probas xudiciais moi traballadas, todo baixo a supervisión do xurado, éste retirouse a deliverar. O veredicto non convenceu a ningunha das partes, pero de seguro que a Nike lle costará o seu pagar a todos os seus empregados do sudeste asiático a indemnización requerida.

E sen máis, darvos de novo as gracias a todos e desexar que o traballo feito servira para que pasarades un bo rato. Deica martes!

1 may 2011

ANUNCIO 9ª SESIÓN (3 de maio de 2011)

Martes, 3 de maio de 2011

Axuda Oficial para o Desenvolvemento

- Conferencia de Enrique Peña González, Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos, Profesor da Universidade da Coruña, Ex - Director da Oficina de Cooperación e Voluntariado da
Universidade da Coruña. Falará sobre a Axuda Oficial para o Desenvolvemento.

O martes, 3 de maio ás 18:00h na Aula 5 da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña.

30 abr 2011

8ª SESIÓN (26 de abril de 2011)

O pasado martes tivemos a charla sobre Proxectos de Cooperación impartida por voluntarios da ONGD Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.

Comezamos falando do acceso á auga, xa que 886 millóns de persoas, ou 1 de cada 6, non teñen acceso á auga potable.Este dato agrávase moito nas comunidades rurais. Pero ¿qué factores definen o acceso á auga? Calidade, distancia e cantidade. ¿ E qué ocorre se falamos de saneamento? 2600 millóns de persoas non dispoñen dun saneamento nas súas comunidades, e menos nas súas vivendas. Os efecto disto van dende as enfermidades como a diarrea, difteria,etc.. ata a desigualdade de xénero e a guerra.

Non foi ata o ano 2010 que a ONU recoñeceu a auga potable e o saneamento como dereitos humanos esenciais. O cal non deixa de ser incrible.
A continuación pasaron a explicar que é un proxecto de cooperación. Cómo se define? Cales son as súas ferramentas?

Un aspecto esencial dun proxecto de cooperación e que ten unha vocación transformadora. Entre as ferramentas máis importantes está o marco lóxico e o ciclo do proxecto: Programación, Identificación, Deseño e formulación, Execución e seguemento e Avaliación. Esta última volvería a vincularse coa primeira , xa que un aspecto vital deste proxectos é a avaliación, reflexionar sobre se se acadaron os obxectivos, se a poboación se fixo dona e o grado de aceptación, todolos erros atopados reflictiranse na nova programacion.

E xa para rematar deixámosvos unha frase :
Na medida en que vexamos os invisibles, lograremos os imposibles
Vémonos o próximo martes!

25 abr 2011

ANUNCIO 8ª SESIÓN (26 de abril de 2011)

Martes, 26 de abril de 2011

Proxectos de Cooperación para o Desenvolvemento

- Obradoiro formativo impartido por voluntarios da ONGD Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. Falarán sobre os Proxectos Internacionáis que se están a a levar a cabo en países do Sur.

O martes, 26 de abril ás 18:00h na Sala de Graos 1 da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña.

14 abr 2011

7ª SESIÓN (12 de Abril de 2011)

O pasado martes 12 de Abril tivemos con nós a Roberto Mansilla Blanco, analista do IGADI, e veu a falarnos sobre o problema do desenvolvemento en África e o caso particular de Somalia.

Para introducir o tema, Roberto fixo unhas breves referencias históricas sobre o colonialismo europeo en África e as consecuencias que aínda sofren por el actualmente. Recalcou a enorme diversidade cultural existente, así como a división entre o Magreb, ou África árabe e a África Subsahariana ou Negra. Unha característica presente en moitos dos países africanos é a dificilísima estabilidade, propiciada entre outras cousas por unha demografía moi creciente, o peso da emigración, o pulso de potencias extranxeiras, golpes militares e autoritarismo, pobreza, guerras civiles, enfermidades, débeda externa...

Para exemplarizar con un país, elixiu Somalia, un territorio moi de actualidade entre os galegos. Éste é un país no que se reflexa a problemática do Estado fallido, xa que é un estado dividido en tres e non se garantiza que o goberno teña poder en todo o territorio. Ademáis o pobo esta dividido pola relixión, xa que predominan por un lado o islam e polo outro as relixións animistas, máis antigas. Somalia está constituído por Mogadiscio, Puntlandia e Somalilandia, pero o que nos coñecemos como tal país solo é Mogadiscio (que tamén é a capital). Este descentralismo é o que xera bandas moi organizadas que substitúen en parte esta ausencia de goberno, e podemos citar por exemplo o caso dos "piratas". As potencias mundiales están moi moi interesadas en que se constitúa un goberno sólido xa que Somalia é unha posible potencia petroleira.

Xa para rematar, e como non podía ser de outro xeito falando de África, deunos unhas pinceladiñas sobre a revolución no mundo árabe. Preguntámonos, porque agora? e a resposta pode ser que existe un nivel de frustación social moi alto entre as clases medias, xa que non se ven co peso político que merecen. Realmente ninguén esperaba que esto ocurrira, pero a visión occidental foi tremendamente miope.

A continuación fixemos a dinámica da Presa Balbina, como aperitivo para o xuízo de Nike, e resultou todo un éxito. Convertiuse nun cara a cara entre a multinacional xaponesa e o goberno brasileiro, xa que o país negábase a introducir capital extranxeiro. E por último repartimos os papeis sobre o xuízo, facendo dous equipos que loitarán pola victoria o día 3 de maio facendo uso da súa dialéctica!

Moitas gracias pola vosa participación, pola choiva de ideas servidas e vémonos en 10 días!

9 abr 2011

ANUNCIO 7ª SESIÓN (12 de abril de 2011)

Martes, 12 de abril de 2011

Problemas para o desenvolvemento en África. O conflito Somalí.

- Conferencia de
Roberto Mansilla Blanco analista do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI). Falará sobre o proceso de desenvolvemento en África, e a problemática do conflito Somalí.

O martes, 12 de abril ás 18:00h na Aula 5 da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña.

7 abr 2011

6º SESIÓN (5 de Abril de 2011)

Este martes levamolo concepto de habitabilidade básica ó noso entorno máis próximo, falando da cooperación local en proxectos que abordan a exclusión social, da man de representantes de ASF Galicia e o presidente da asociación de veciños do Campañario, do Portiño (ata o pasado ano) Ramón Pérez Basich, membro moi activo na erradicación do chabolismo na Coruña.

Todos nos estamos armados coas capacidades necesarias para loitar para cambiar o mundo que nos rodea. Achegamonos ó concepto de oportunidade, de responsabilidade social das nosas profesións, e coñecimos, algúns de nós por vez primeira, as máquinas ecosóficas. "Para traballar nun asentamento de infravivenda é necesaria unha diagnose complexa que responda á realidade complexa". (Investigación, experimentación,comunicación e acción participativa).

Falando de exclusión social, o que cambia a través do tempo e das culturas é a maneira ou os medios empregados para a satisfacción das necesidades do individuo para evitar a perda do vínculo entre a sociedade e a persoa.Estas necesidades van dende a subsistencia á identidade. É moi importante o respeto da identidade cultural das persoas, a ausencia deste, é a causa principal de que as políticas "sociais" que nos venden a "erradicación do chabolismo" fracasen .Non hay protagonismo das persoas, as solucións propostas pola administración veñen impostas dende arriba hacia abaixo.

Esquecemonos de que o poder público ten a obriga de actuar positivamente ante estas situacións de desigualdade, que afectan a grandes sectores da cidadanía, e deixar de ser un observador neutral. Ademáis os cidadáns temos a responsabilidade de actuar fronte a esta situación e de esixir o cumplimento dos dereitos básicos que a determinados colectivos da nosa sociedade, lles son negados sistemáticamente.E temos o privilexio e a obriga de coñecer a identidade das distintas culturas que habitan con nos, en lugar de esperar que renuncien a ela.

Vimos interesantes exemplos de actuacións neste ámbito, no barrio de O Campanario, onde se partiu da participación directa da cidadanía, para a mellora do seu entorno, que estaba a ser ignorado por aqueles que teñen o deber de mirar por él.

Deixemos xa de empurrar á xente ás periferias, teñamos a coraxe para entender que todos somos cidadáns do mundo e sobretodo, fagámonos responsables deste problema. Esixamos solucións integrais. Será necesario recordarnos aquel eslogan que definía os carteis desta cidade? A Coruña, a cidade na que ninguén é forasteiro.

4 abr 2011

ANUNCIO 6ª SESIÓN (5 de Abril de 2011)

Martes, 5 de abril de 2011

Exclusión Social, Proxectos de Cooperación Local

- Obradoiro Formativo no que participarán:
  • Alberto Varela García, Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos e profesor da Universidade da Coruña, que realizou numerosos estudios sobre o subdesenvolvemento nas cidades.
  • Ramón Pérez Basich, Presidente da Presidente da AA.VV. O Campanario do Portiño e membro activo na erradicación de asentamentos marxinais na Coruña.
  • Xiao Varela Gómez, Arquitecto fundador de Desescribir (obradoiro de arquitectura e deseño), participante na plataforma A Cidade dos Barrios e noutras iniciativas como a Rede de Dereitos Sociais.
O martes, 5 de abril ás 18:00h na Sala de Graos 1 da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña.

31 mar 2011

5ª SESIÓN (29 de marzo de 2011)

O pasado martes tivo lugar a clase adicada ao tema da Habitabilidade Básica. Nela Plácido Lizancos, arquitecto e profesor da UDC, introduciunos brevemente neste concepto de requisitos mínimos para a consideración dunha vivenda digna. En primeiro lugar realizou un breve cuestionario para comprobar se coñecemos ó mundo no que vivimos, ó que inmediatamente daría resposta. Coa pregunta de cantidade de auga consumida nun día destacou que 1100 millóns de persoas comezan o día sen auga potable. A seguinte cuestión era o valor da casa, e afirmou que o problema da vivenda no mundo non se soluciona con cartos senón con moito capital e que os que axudan realmente aos pobres son os pobres! Introduciunos tamén na relatividade da pobreza, definíndonos pobre como aquel que non ten os medios suficientes para subsistir.

Logo tratou o tema da electricidade, comprobando que case ninguén sabe cal é a cantidade de electricidade que se consume en un fogar; logo se non sabemos o que consumimos, como vamos a saber o que hai que aforrar? Xa para rematar preguntou cál é o animal máis perigoso do planeta exceptuando ao home; as respostas foron do máis "variopinto": o hipopótamo, o león... Pero a resposta é a mosca e o mosquito. E como se convate esto? Con DDTs? Non! Con habitabilidade básica: mosquiteras, illamento, etc. Estes dous insectos son a principal causa de mortandade no mundo, sendo causantes de enfermidades como malaria, infeccións parasitarias... "Unha mosca mata máis que mil tigres", dito chinés.

A grandes rasgos podemos considerar 6 tipos de vivendas: habitabilidade extraordinaria, habitabilidade precaria, slums, favelas e vilas miseria, os sen teito, os refuxiados e os ocupas ou con vivenda compartida. Como dato: para o 40% da humanidade o planeta Terra é tan habitable como Neptuno, e este número medra en 80 millóns de persoas cada ano. Definiunos moi brevemente as condicións de qué está considerado Habitabilidade Básica: 7 m2/persoa, illamento térmico axeitado, auga a menos de 300 m (non necesariamente potable), propiedade documentada... Botaríamonos as mans á cabeza nunha destas situacións! Pero é o estipulado pola ONU!

E para dar unha nova visión do mundo no que vivimos Cris fixo unha exposición acerca das proxeccións cartográficas existentes, das numerosas formas das que podemos ver a Terra. Achegounos á proxección de Gall-Peters, un mapa que respeta o tamaño real dos continentes. Estamos acostumados a ver a proxección de Mercator, onde Europa aparece no centro do mundo e o norte do planeta tremendamente amplificado fronte a reducción do sur.

Seguro que máis de un se quedou sorprendido ao ver que o tamaño de África, por exemplo, é realmente enorme. En fin, quizáis algún día logremos implantar esta proxección nas escolas como pretendían os cartógrafos do capítulo "El ala oeste de la Casa Blanca".

Vémonos o martes para seguir con temas de habitabilidade básica, pero máis pretiño de nós!

25 mar 2011

ANUNCIO 5º SESIÓN (29 de marzo de 2011)

Martes, 29 de marzo de 2011

Habitabilidade Básica

- Conferencia de
Plácido Lizancos, arquitecto e profesor da Universidade da Coruña. Introducirá o concepto de habitabilidade básica e comentará diversos proxectos que resolven esta cuestión.

O martes, 29 de marzo ás 18:00h na Aula 5 da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña.

24 mar 2011

4º SESIÓN (22 de marzo de 2011)

Nesta sesión recibimos a varios representantes do comercio xusto, no só a través das ONGs como A Cova da Terra, Solidariedade Internacional Galicia e Intermón Oxfam; senón tamén coa creación de cooperativas de consumo responsable como Zocaminhoca. Este ano, o debate iniciouse como charla interactiva, fomentando a participación de todos os alumnos.

Avaliando o que cada un de nós consumimos diariamente, descubriuse que non está tan claro a orixe dalgúns productos cotidianos como o leite, o café os combustibles e incluso a auga. Sabemos onde o compramos, pero ¿estamos seguros de cal é a súa orixe, de cómo se produciu, e en qué condicións laborais? Ao longo da xornada falouse de todo isto, e debatiuse acerca das consecuencias que ten o consumo deste productos e outros de uso cotián, para a sociedade e o planeta.

As pricipais consecuencias que saíron a relucir son a contaminación, a pobreza derivada da concentración do capital, dependencias relacionadas coas condicións de traballo, etc.

O que ninguén dubidaba é que as nosas pautas de consumos teñen incidencias políticas moi graves, xa que
"todos somos o sur de algo".

Cales son entón a alternativas? Ademáis de modificar o nosos comportamento á hora de consumir, de reflexionar sobre o que estamos mercando e se realmente o precisamos, surxiron ideas como a reciclaxe, medidas de retorno de embases ou as tres R.

Resulta curioso que non nos acordarámos do producto que máis se consume diariamente, que se move polo mundo en cantidades inxentes, que xera máis dependencias que ningún outro e que sen embargo, non aporta nada.
O diñeiro

Tras tanta reflexión, qué mellor que probar no propio paladar o gusto do comercio xusto. Agora que xa sabemos que ademáis de estar boísimos están producidos de forma responsable e xusta, non quedan excusas para seguir esquecendose de reflexionar sobre aquelo que consumimos.

Vémonos o próximo martes!

19 mar 2011

ANUNCIO 4ª SESIÓN (22 de marzo de 2011)

Martes, 22 de marzo de 2010

Comercio Xusto e Consumo Responsable.

- Mesa Redonda sobre Comercio Xusto e Consumo Responsable, na que participarán:
  • Clara Raposo González, membro da ONG A Cova da Terra e especialista en Comercio Xusto e Agricultura Ecolóxica.
  • Carmen Beltrán Moreiras, responsable da Tenda Ecolóxica da ONG Intermón Oxfam.
  • Marcial Blanco Castelos, membro da Cooperetiva de Consumo Responsable Zocaminhoca da Coruña.
O martes, 22 de marzo ás 18:00h na Sala de Graos 1 da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña.

17 mar 2011

3ª SESIÓN: (15 de marzo de 2011)

O pasado martes día 15 de marzo tiña lugar unha nova sesión deste curso de ICD no que tratamos un tema fundamental e descoñecido para moitos: a banca ética.

Alfredo Losada Suarez, membro de Fiare, acudía a explicarnos a existencia dunha banca alternativa á convencional, exemplificando co caso desta organización á que pertence. En primeiro lugar mostrounos algúns aspectos que reflexan que a banca en xeral non é ética: existe un posicionamento político inicial, o 80% dos beneficios proveñen das comisións, non sabemos a dónde van os nosos cartos, falta de acceso ao crédito, falta de transparencia... E con todas estas cuestións xurden unhas preguntas ás que a banca ética pretende dar resposta: o noso sistema bancario cobre as nosas necesidades?, onde invirten os nosos aforros?, existe un sistema alternativo?


Nesta clima de "oscurantismo" bancario nace Fiare con 2 obxetivos: financiar actividades económicas responsables e fomentar o inversor ou cliente responsable.

Tras esta exposición xurdeu unha interesante quenda de preguntas, coma por exemplo se a banca ética podería utilizar os intereses da banca convencional para financiar as súas actividades, cómo facer para realizar un depósito, se ofrece servizos similares aos da banca tradicional, etc.

E xa para rematar proxectamos "A Ilha das Flores", un documental que reflexa a realidade humana dun xeito moi irónico; dá unha visión da cruda realidade alonxándose dos dramatismos habituais.

E como nesta sesión rematamos un chisquiño antes de tempo, esperamos que nolo deixedes recuperar en próximas sesións! Moitas gracias pola vosa participación en clase e deica martes!!

14 mar 2011

ANUNCIO 3ª SESIÓN (15 de marzo de 2011)

Martes, 15 de marzo de 2011

Banca Ética ou Alternativa


- Conferencia de
Arturo Losada,
membro de Fiare, entidade que nace co obxectivo de crear unha ferramenta de intermediación financeira en forma de cooperativa de crédito que vele polo interés común, pola participación e a transparencia, e polo servizo á xustiza; pemitindo dirixir o aforro de persoas, familias e organizacións cara proxectos que supoñan unha transformación da nosa sociedade e rescatar o valor social dos cartos e a actividade económica, poñéndoos ao servizo dun mundo máis xusto e humano.

O martes, 15 de marzo ás 18:00h na Aula 5 da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña.

7 mar 2011

2ª SESIÓN: (1 de marzo de 2011)

A segunda sesión, que tivo lugar o pasado 1 de marzo, iniciouse coa presentación da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña, por parte de Lorena Rilo ( Técnica da OCV) e Luis Hervelle Nieto (Director da OCV ), dando a coñecer os diferentes proxectos nos que se involucran,as áreas nas que traballan e citando os proxectos que teñen en marcha actualmente: infancia e adolescencia, persoas sen fogar, reclusos, hospitalizados..etc

Tras isto, tivo lugar a conferencia de Andrés Maneiro sobre o caso do
software libre no mundo do desenvolvemento. Na que vimos cómo a propiedade intelectual pode xerar barreiras nos países con sectores dinámicos de coñecemento e como máis que incentivar, úsase como arma para eliminar competencia.
Entón plantexábase a seguinte cuestión: ¿Son necesarias
as patentes para fomentar a creación?
No campo do software libre, expuxéronse as vantaxes dun modelo aberto. Quizáis a máis salientable sexa que o usuario ten a propiedade da aplicación, e os custos que supón o pago de licencias nun momento económico como é o actual.

Xa para rematar, vimos o vídeo "Binta, y la gran idea" que derivou nun debate acerca do concepto de benestar e crise.

Vémonos o próximo martes 15!

28 feb 2011

ANUNCIO 2ª SESIÓN (1 de marzo de 2011)

Martes, 1 de marzo de 2010

Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano. Software Libre.

- Conferencia de Andrés Maneiro Boga, Enxeñeiro Técnico Industrial e especialista en Software Libre. Falará sobre a aplicación da Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano, a Propiedade Intelectual e a súa relación con temas de Desenvolvemento Social.

- Intervención de Lorena Rilo Pérez, técnico da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña, que se encargará de presentar e dar a coñecer as actividades que realizan dende este organismo.


O martes, 1 de marzo ás 18:00h na Aula 5 da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña.

23 feb 2011

1ª SESIÓN: (22 de febreiro de 2011)

Este martes 22 de febreiro deu comezo a asignatura de ICD, agora comezamos o blog de este ano coa ilusión de que o leades, xa que se contarán anécdotas das clases e resumirase o contido das mesmas, a modo de diario.

En primeiro lugar, José Anta e Quique Peña, profesores da Universidade da Coruña, presentaron a asignatura, comentando a orixe desta iniciativa e aclarando a intencionalidade das clases, poñendo sobre a mesa os criterios de avaliación, e instando a todos a participar, esquecendo os formatos habituais de clase.

Tras isto, presentámonos os voluntarios, e demos a coñecer a nosa labor e a nosa resposabilididade para con esta asignatura, sobretodo á hora da entrega das prácticas, asistencias, etc...

Xa tras todas as presentacións, deu comezo a charla do día. Enrique Saez, foi o encargado de introducirnos en materia, dando a conferencia sobre " Comercio e desenvolvemento".
Desenrolou o tema da pobreza como un problema global, e expuxo varias ideas fundamentais como que "se non viaxa o traballo, viaxan as persoas" e que "o comercio produce desenvolvemento" xerando un interesante debate entre os alumnos que de seguida mostraron a suas opinións debatindo acerca da necesidade ou non do intervencionismo e os aranceis. Para rematar, quedou no aire a seguinte idea:
"O principal activo do mundo, son as persoas".

Por falta de tempo houbo que cortar o interesante debate, aínda que estamos gratamente sorprendidos polo nivel de participación, encantounos ver cómo surxía tan pronto o debate e todos se animaban a participar. Que non decaiga!!


Despois dun breve descanso, e xa para rematar a xornada, comezou a dinámica da cadeiras, na que levabamos preparados varios incentivos para a participación como paquetiños de sugus ou a pelota fatídica que obriga a falar, pero por sorte, apenas fixo falta. Todos sacaron a idea de cómo está repartido o mundo e debatiuse acerca da nosa pasividade, ou de cómo pode afectar o reparto da riqueza sen planificación. Pronto surxiu un comercio de cadeiras entre os continentes, e todos amosaban interese nos debates. Noraboa! Esperamos que tiverades unha boa primeira impresión, ao igual que nós a tivemos.

Vémonos o martes!

17 feb 2011

ANUNCIO 1ª SESIÓN (22 de febreiro de 2011)

Martes, 22 de febreiro de 2010

Comercio e Desenvolvemento. Situación Mundial.


- Conferencia de
Enrique Sáez Ponte, economista, avogado e escritor de numerosos libros e artigos periodísticos. Analizará a relación entre o comercio e o desenvolvemento e a situación mundial actual.

O martes, 15 de febreiro ás 18:00h na Aula 5 da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña.