30 abr 2011

8ª SESIÓN (26 de abril de 2011)

O pasado martes tivemos a charla sobre Proxectos de Cooperación impartida por voluntarios da ONGD Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.

Comezamos falando do acceso á auga, xa que 886 millóns de persoas, ou 1 de cada 6, non teñen acceso á auga potable.Este dato agrávase moito nas comunidades rurais. Pero ¿qué factores definen o acceso á auga? Calidade, distancia e cantidade. ¿ E qué ocorre se falamos de saneamento? 2600 millóns de persoas non dispoñen dun saneamento nas súas comunidades, e menos nas súas vivendas. Os efecto disto van dende as enfermidades como a diarrea, difteria,etc.. ata a desigualdade de xénero e a guerra.

Non foi ata o ano 2010 que a ONU recoñeceu a auga potable e o saneamento como dereitos humanos esenciais. O cal non deixa de ser incrible.
A continuación pasaron a explicar que é un proxecto de cooperación. Cómo se define? Cales son as súas ferramentas?

Un aspecto esencial dun proxecto de cooperación e que ten unha vocación transformadora. Entre as ferramentas máis importantes está o marco lóxico e o ciclo do proxecto: Programación, Identificación, Deseño e formulación, Execución e seguemento e Avaliación. Esta última volvería a vincularse coa primeira , xa que un aspecto vital deste proxectos é a avaliación, reflexionar sobre se se acadaron os obxectivos, se a poboación se fixo dona e o grado de aceptación, todolos erros atopados reflictiranse na nova programacion.

E xa para rematar deixámosvos unha frase :
Na medida en que vexamos os invisibles, lograremos os imposibles
Vémonos o próximo martes!

No hay comentarios: