17 mar 2011

3ª SESIÓN: (15 de marzo de 2011)

O pasado martes día 15 de marzo tiña lugar unha nova sesión deste curso de ICD no que tratamos un tema fundamental e descoñecido para moitos: a banca ética.

Alfredo Losada Suarez, membro de Fiare, acudía a explicarnos a existencia dunha banca alternativa á convencional, exemplificando co caso desta organización á que pertence. En primeiro lugar mostrounos algúns aspectos que reflexan que a banca en xeral non é ética: existe un posicionamento político inicial, o 80% dos beneficios proveñen das comisións, non sabemos a dónde van os nosos cartos, falta de acceso ao crédito, falta de transparencia... E con todas estas cuestións xurden unhas preguntas ás que a banca ética pretende dar resposta: o noso sistema bancario cobre as nosas necesidades?, onde invirten os nosos aforros?, existe un sistema alternativo?


Nesta clima de "oscurantismo" bancario nace Fiare con 2 obxetivos: financiar actividades económicas responsables e fomentar o inversor ou cliente responsable.

Tras esta exposición xurdeu unha interesante quenda de preguntas, coma por exemplo se a banca ética podería utilizar os intereses da banca convencional para financiar as súas actividades, cómo facer para realizar un depósito, se ofrece servizos similares aos da banca tradicional, etc.

E xa para rematar proxectamos "A Ilha das Flores", un documental que reflexa a realidade humana dun xeito moi irónico; dá unha visión da cruda realidade alonxándose dos dramatismos habituais.

E como nesta sesión rematamos un chisquiño antes de tempo, esperamos que nolo deixedes recuperar en próximas sesións! Moitas gracias pola vosa participación en clase e deica martes!!

No hay comentarios: