Curso ICD - Dinámicas

Recurso Educativo
Temática Principal
Descrición
Dinámica das Cadeiras
Análise da poboación mundial e do desigual reparto da riqueza e recursos no planeta.
Se destinan 5 lugares da aula representando a cada continente e os participantes deben situarse naquel lugar que consideren onde crean que hai máis ou menos poboación.

Logo, cada participante faise cunha cadeira que representa a riqueza e observarase como hai zonas do planeta onde con moi poucas cadeiras que posúen moita poboación mentres que outras de pouca poboación teñen cadeiras de sobra, o que representa o reparto desigual dos recursos no mundo.
Dinámica do Mapa de África
Consecuencias da Descolonización
Consta de 6 mapas de África coas súas bandeiras representativas dos países coloniais.

O grupo participante debe identificar de qué país foi colonia de cada un dos actuais estados de África.
Dinámica dos Cubos
Representa o sistema de intercambios comerciais entre países do Norte e do Sur.
O obxectivo é que cada grupo constrúa o maior número de cubos de papel posibles para o que dispón de determinados recursos en cantidades diferentes. Deste xeito, os grupos poderán negociar intercambios destes recursos e cantidades.

A finalidade será demostrar que a mellor solución pasa por compartir todos os recursos e cantidades e non por solucións individuais.
Dinámica de Axentes de Cooperación
Busca a comprensión dos intereses comerciais internacionais.
Divídese aos participantes en tantos grupos como axentes de cooperación existan. Cada grupo debe representar a un dos axentes de cooperación e intervir en defensa dos seus intereses con argumentos propios.

Ofrece un achegamento ao coñecemento do papel das grandes corporacións e unha análise dos impactos socioeconómicos en territorios con características singulares.
Dinámica do Xuizo á NIKE
Comercio Xusto e Consumo Responsable.

Comprensión das dinámicas sociais en base a diferentes actuacións empresariais.
Débese preparar un xuízo con tódolos actores e una vez finalizado o mesmo e ditada a sentenza, procedese a unha análise en profundidade, na que se trata de comprender o custo social dun produto, o vínculo existente entre o comercio xusto e o consumo responsable, así como favorecer o consumo reflexivo; ademáis de xulgar os sistemas de producción das grandes multinacionais (neste caso a empresa NIKE).