14 mar 2012

3ª SESIÓN (13 de marzo de 2012)

Martes, 13 de Marzo de 2012

Banca Ética

-Ponencia sobre Banca Social a cargo de Raúl Asegurado, presidente e cofundador de FIARE-Galicia, traballador social e sociólogo.

-Dinámica dos fíos, para comprender o papel dos axentes de cooperación.
-O vídeo "Una nube sobre Bhopal" non se atopa dispoñible neste momento por motivos alleos, polo que deixamos enlazado o seguinte vídeo dispoñible en youtube "Bhopal, la tragedia olvidada". Serviravos igualmente para facer a práctica voluntaria.

7 mar 2012

2ª SESIÓN (6 de marzo de 2012)

Martes, 6 de marzo de 2012

Software Libre

-Ponencia de Software Libre a cargo de Pablo Gimenez Fandiño, expoñendo a importancia desta filosofía.

-Visualización do video "Orsai" do que vos deixo a continuación o enlace. http://www.youtube.com/watch?v=_VEYn3bXz34
-Ponencia de Software libre na robótica a cargo de Victor Álvarez Santos e Adrián Canedo.

29 feb 2012

1ª SESIÓN (28 de febreiro de 2012)

Martes, 28 de febreiro de 2012

Comercio e Desenvolvemento. Situación Mundial.

- Conferencia de Enrique Sáez Ponte, economista, avogado e escritor de numerosos libros e artigos periodísticos. Analizará a relación entre o comercio e o desenvolvemento e a situación mundial actual.
 
-Dinámica das sillas. Intentamos representar a distribución da poboación mundial  e a da riqueza.

19 may 2011

10ª SESIÓN (10 de maio de 2011)

Este pasado martes tivemos a conferencia de Francesc Cortada Hindersin, director da Área de Relacións con Organismos Oficiais da ONG Intermón Oxfam e Enxeñeiro de Camiños, quen nos introduxo no campo da axuda humanitaria de emerxencia na que é vital a eficacia das solucións a curto prazo, que se van replantexando a medida que o contexto vaia evolucionando.

22 dos 33 países que ocupan a cola no IDH experimentaron conflitos nalgún momento dende 1990, está a crecer o número de conflictos vinculados ó control dos recursos.

Realmente, os desastres naturais non son fortuítos. As crises humanitarias teñen que ver con estes conflitos e coa pobreza. O 90% dos desastres naturais teñen lugar en países en vías de desarrollo. Outro problema que afecta gravemente a xestión da axuda humanitaria é o reparto desigual da mesma debido a intereses xeoestratéxicos.

Pero, qué é realmente a axuda humanitaria? A axuda humanitaria está deseñada para protexer a dignidade humana e basease principalmente en 3 principios:
  1. - A diferenciación entre combatentes e non combatentes.
  2. - A limitación do uso da forza ( hospitales, depositos de auga..)
  3. - O principio de asistencia humanitaria. Sexa cal sexa o conflicto, o dereito internacional humanitario recoñéce o dereito da poboación a ser asistida, aínda que se atopa en crise dende os atentados do 11s.
Mais non só consiste en suministrar coidados e socorrer, senón en facelo dun modo imparcial, non discriminatorio e independente de ideoloxías e relixións.

DESASTRE = Vulnerabilidade + catástrofe - capacidades

Nunha crise humanitaria o primeiro que colapsa son os servizos de sanidade, a protección civil e a salubridade pública. Resulta fundamental a rapidez na resposta e o acceso á poboación afectada a través de corredores humanitarios, e sobretodo, comprender o contexto no que se traballa, saber que se traballará con xente que se atopa hundida emocionalmente e é preciso ter grandes capacidades de escoita activa, para garantir á eficacia da axuda.

Despois do descanso puxeronse diversos exenplos de crises humanitarias e de cómo se xestionou a axuda. A sequía de 1984 en Etiopía que matou a 300.000 persoas, a crise de Lagos, na que se planificou un campo de refuxiados de 200.00 persoas..Todos os exemplos nos mostraron o elevados grado de complexidade da resposta humanitaria. Unha axuda de emerxencia puntual que non contribúa ó desarrollo socioeconómico será só paliativa e está condenada o fracaso a medio prazo.

10 may 2011

ANUNCIO 10ª SESIÓN (10 de maio de 2011)

Martes, 10 de maio de 2011

Axuda en Emerxencia

- Conferencia de Francesc Cortada Hindersin, Director da Área de Relacións con Organismos Oficiais da ONG Intermón Oxfam; Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos; Especialista na área de Hidráulica e Enerxía e Diplomado en Cooperación para o Desenvolvemento.
Falará sobre a axuda en emerxencia e as adecuadas formas de actuación en casos de catástrofes humanitarias.

O martes, 10 de maio ás 18:00h na Aula 5 da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña.

8 may 2011

9ª SESIÓN (3 de maio de 2011)

A primeira parte da sesión correu a cargo de Enrique Peña González, profesor da Universidade da Coruña e profesor responsable da asignatura ICD, que nos veu a falar da Axuda Oficial para o Desenvolvemento (AOD).

Nun primeiro lugar quixo destacar que España foi un país receptor de axuda ata fai unha década, un dato que sorprende en xeral. Durante moitos anos, este país estivo recibindo unha axuda que posiblemente non soubo aproveitar: non se radicou a pobreza e malgastáronse cartos en ocasións.

Para introducir o concepto de AOD destacou que os países utilízano como mecanismo de comercio interno, en moitos casos pola vía dos créditos FAD; xeralmente non é unha axuda "gratuíta", se non que serve para que os países do norte expandan os seus mercados ou a súa tecnoloxía. Esta axuda ten diversos camiños: axuda multilateral (a organismos europeos como a ONU), axuda bilateral, financiación de ONGDs (tan só un 5% aproximadamente)... e un obxetivo: chegar ao 7%.

Coa crise vivida dende o ano 2008 hai dous temas importantes que se ven moi resentidos económicamente: o medioambiente e a cooperación. O número de pobres en España segue estando, segundo Cáritas, nun 10-12%, polo tanto a situación dos habitantes do resto do mundo nesta situación cada vez "importa menos".

Para finalizar a sesión levamos a cabo a representación do xuízo de Nike, que non sería posible sen o traballo feito por todos os participantes. Despois dun intenso cara a cara entre defensa e acusación, un desfile de testigos de ambas partes e unhas probas xudiciais moi traballadas, todo baixo a supervisión do xurado, éste retirouse a deliverar. O veredicto non convenceu a ningunha das partes, pero de seguro que a Nike lle costará o seu pagar a todos os seus empregados do sudeste asiático a indemnización requerida.

E sen máis, darvos de novo as gracias a todos e desexar que o traballo feito servira para que pasarades un bo rato. Deica martes!

1 may 2011

ANUNCIO 9ª SESIÓN (3 de maio de 2011)

Martes, 3 de maio de 2011

Axuda Oficial para o Desenvolvemento

- Conferencia de Enrique Peña González, Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos, Profesor da Universidade da Coruña, Ex - Director da Oficina de Cooperación e Voluntariado da
Universidade da Coruña. Falará sobre a Axuda Oficial para o Desenvolvemento.

O martes, 3 de maio ás 18:00h na Aula 5 da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña.

30 abr 2011

8ª SESIÓN (26 de abril de 2011)

O pasado martes tivemos a charla sobre Proxectos de Cooperación impartida por voluntarios da ONGD Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.

Comezamos falando do acceso á auga, xa que 886 millóns de persoas, ou 1 de cada 6, non teñen acceso á auga potable.Este dato agrávase moito nas comunidades rurais. Pero ¿qué factores definen o acceso á auga? Calidade, distancia e cantidade. ¿ E qué ocorre se falamos de saneamento? 2600 millóns de persoas non dispoñen dun saneamento nas súas comunidades, e menos nas súas vivendas. Os efecto disto van dende as enfermidades como a diarrea, difteria,etc.. ata a desigualdade de xénero e a guerra.

Non foi ata o ano 2010 que a ONU recoñeceu a auga potable e o saneamento como dereitos humanos esenciais. O cal non deixa de ser incrible.
A continuación pasaron a explicar que é un proxecto de cooperación. Cómo se define? Cales son as súas ferramentas?

Un aspecto esencial dun proxecto de cooperación e que ten unha vocación transformadora. Entre as ferramentas máis importantes está o marco lóxico e o ciclo do proxecto: Programación, Identificación, Deseño e formulación, Execución e seguemento e Avaliación. Esta última volvería a vincularse coa primeira , xa que un aspecto vital deste proxectos é a avaliación, reflexionar sobre se se acadaron os obxectivos, se a poboación se fixo dona e o grado de aceptación, todolos erros atopados reflictiranse na nova programacion.

E xa para rematar deixámosvos unha frase :
Na medida en que vexamos os invisibles, lograremos os imposibles
Vémonos o próximo martes!