7 abr 2011

6º SESIÓN (5 de Abril de 2011)

Este martes levamolo concepto de habitabilidade básica ó noso entorno máis próximo, falando da cooperación local en proxectos que abordan a exclusión social, da man de representantes de ASF Galicia e o presidente da asociación de veciños do Campañario, do Portiño (ata o pasado ano) Ramón Pérez Basich, membro moi activo na erradicación do chabolismo na Coruña.

Todos nos estamos armados coas capacidades necesarias para loitar para cambiar o mundo que nos rodea. Achegamonos ó concepto de oportunidade, de responsabilidade social das nosas profesións, e coñecimos, algúns de nós por vez primeira, as máquinas ecosóficas. "Para traballar nun asentamento de infravivenda é necesaria unha diagnose complexa que responda á realidade complexa". (Investigación, experimentación,comunicación e acción participativa).

Falando de exclusión social, o que cambia a través do tempo e das culturas é a maneira ou os medios empregados para a satisfacción das necesidades do individuo para evitar a perda do vínculo entre a sociedade e a persoa.Estas necesidades van dende a subsistencia á identidade. É moi importante o respeto da identidade cultural das persoas, a ausencia deste, é a causa principal de que as políticas "sociais" que nos venden a "erradicación do chabolismo" fracasen .Non hay protagonismo das persoas, as solucións propostas pola administración veñen impostas dende arriba hacia abaixo.

Esquecemonos de que o poder público ten a obriga de actuar positivamente ante estas situacións de desigualdade, que afectan a grandes sectores da cidadanía, e deixar de ser un observador neutral. Ademáis os cidadáns temos a responsabilidade de actuar fronte a esta situación e de esixir o cumplimento dos dereitos básicos que a determinados colectivos da nosa sociedade, lles son negados sistemáticamente.E temos o privilexio e a obriga de coñecer a identidade das distintas culturas que habitan con nos, en lugar de esperar que renuncien a ela.

Vimos interesantes exemplos de actuacións neste ámbito, no barrio de O Campanario, onde se partiu da participación directa da cidadanía, para a mellora do seu entorno, que estaba a ser ignorado por aqueles que teñen o deber de mirar por él.

Deixemos xa de empurrar á xente ás periferias, teñamos a coraxe para entender que todos somos cidadáns do mundo e sobretodo, fagámonos responsables deste problema. Esixamos solucións integrais. Será necesario recordarnos aquel eslogan que definía os carteis desta cidade? A Coruña, a cidade na que ninguén é forasteiro.

No hay comentarios: