27 feb 2009

1ª SESIÓN: (3 de marzo de 2009)

A sesión deu comezo coa presentación dos profesores responsábeis da asignatura, Enrique Peña e José Anta que expuxeron de forma breve a finalidade, forma e programa da mesma, recalcando a asistencia á clase como peza fundamental para aprobar por curso. Logo presentouse Lorena Rilo, responsable da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña (OCV), que informou sobor do seu funcionamento e animou a visitar a súa sede sita na facultade de Socioloxía.

De seguido tomou a palabra Enrique Sáez Ponte presentando a súa ponencia titulada “Comercio e Desenvolvemento” onde analizou, dun xeito máis ben técnico, as relacións existentes entre o comercio e o desenvolvemento dende o pasado ata a actualidade nas diferentes civilizacións. Ademais tentou dar unha valoración das causas da crise global actual e das suas consecuencias e posibles solucions, así como dos efectos que terían sobre os paises subdesenrolados.

Finalmente, a parte máis divertida chegou coa realización da "dinámica das cadeiras". Coa que se pretende facer un achegamento ao reparto da poboación do mundo. Logo, asígnaselle un valor económico a cada cadeira e móstrase o reparto real da riqueza mundial e da relación da mesma coa poboación dun xeito moi visual e sinxelo no que se fan patentes as diferentes situacións dos habitantes de cada país.


RECOMENDACIÓNS:


LIBROS:

Para comezar, recomendámosvos un libro interesante que está relacionado co tema tratado na ponencia de Enrique Sáez:

TÍTULO: Un solo mundo. La ética de la globalización.
AUTOR: Peter Singer
ISBN: 8449314909
SINOPSE: Peter Singer é coñecido polas súas orixinais, provocativas e valentes ideas sobre materias que van dende a condición animal ata a investigación xenética, pero nesta obra dirixe a súa atención ás cuestións éticas en torno á globalización, ademáis convídanos a pensar máis alá das fronteiras dos Estados-Nazón e a considerar o que podería significar unha ética global no mundo de hoxe. Singer expón preguntas novas acerca dunha ética dese tipo, e proporciona respostas esclarexadoras e prácticas. O libro abarca catro cuestións principais relacionadas coa globalización: o Cambio Climático, o papel da Organización Mundial do Comercio, os Dereitos Humanos e as intervencións humanitarias, e a axuda externa.

PROGRAMA DO CURSO 2008/2009









CRITERIOS de AVALIACIÓN



BIBLIOGRAFÍA