O pasado martes 12 de Abril tivemos con nós a Roberto Mansilla Blanco, analista do IGADI, e veu a falarnos sobre o problema do desenvolvemento en África e o caso particular de Somalia.
Para introducir o tema, Roberto fixo unhas breves referencias históricas sobre o colonialismo europeo en África e as consecuencias que aínda sofren por el actualmente. Recalcou a enorme diversidade cultural existente, así como a división entre o Magreb, ou África árabe e a África Subsahariana ou Negra. Unha característica presente en moitos dos países africanos é a dificilísima estabilidade, propiciada entre outras cousas por unha demografía moi creciente, o peso da emigración, o pulso de potencias extranxeiras, golpes militares e autoritarismo, pobreza, guerras civiles, enfermidades, débeda externa...
Para exemplarizar con un país, elixiu Somalia, un territorio moi de actualidade entre os galegos. Éste é un país no que se reflexa a problemática do Estado fallido, xa que é un estado dividido en tres e non se garantiza que o goberno teña poder en todo o territorio. Ademáis o pobo esta dividido pola relixión, xa que predominan por un lado o islam e polo outro as relixións animistas, máis antigas. Somalia está constituído por Mogadiscio, Puntlandia e Somalilandia, pero o que nos coñecemos como tal país solo é Mogadiscio (que tamén é a capital). Este descentralismo é o que xera bandas moi organizadas que substitúen en parte esta ausencia de goberno, e podemos citar por exemplo o caso dos "piratas". As potencias mundiales están moi moi interesadas en que se constitúa un goberno sólido xa que Somalia é unha posible potencia petroleira.
Xa para rematar, e como non podía ser de outro xeito falando de África, deunos unhas pinceladiñas sobre a revolución no mundo árabe. Preguntámonos, porque agora? e a resposta pode ser que existe un nivel de frustación social moi alto entre as clases medias, xa que non se ven co peso político que merecen. Realmente ninguén esperaba que esto ocurrira, pero a visión occidental foi tremendamente miope.
A continuación fixemos a dinámica da Presa Balbina, como aperitivo para o xuízo de Nike, e resultou todo un éxito. Convertiuse nun cara a cara entre a multinacional xaponesa e o goberno brasileiro, xa que o país negábase a introducir capital extranxeiro. E por último repartimos os papeis sobre o xuízo, facendo dous equipos que loitarán pola victoria o día 3 de maio facendo uso da súa dialéctica!
Moitas gracias pola vosa participación, pola choiva de ideas servidas e vémonos en 10 días!
No hay comentarios:
Publicar un comentario