A primeira parte da sesión correu a cargo de Enrique Peña González, profesor da Universidade da Coruña e profesor responsable da asignatura ICD, que nos veu a falar da Axuda Oficial para o Desenvolvemento (AOD).
Nun primeiro lugar quixo destacar que España foi un país receptor de axuda ata fai unha década, un dato que sorprende en xeral. Durante moitos anos, este país estivo recibindo unha axuda que posiblemente non soubo aproveitar: non se radicou a pobreza e malgastáronse cartos en ocasións.
Para introducir o concepto de AOD destacou que os países utilízano como mecanismo de comercio interno, en moitos casos pola vía dos créditos FAD; xeralmente non é unha axuda "gratuíta", se non que serve para que os países do norte expandan os seus mercados ou a súa tecnoloxía. Esta axuda ten diversos camiños: axuda multilateral (a organismos europeos como a ONU), axuda bilateral, financiación de ONGDs (tan só un 5% aproximadamente)... e un obxetivo: chegar ao 7%.
Coa crise vivida dende o ano 2008 hai dous temas importantes que se ven moi resentidos económicamente: o medioambiente e a cooperación. O número de pobres en España segue estando, segundo Cáritas, nun 10-12%, polo tanto a situación dos habitantes do resto do mundo nesta situación cada vez "importa menos".
Para finalizar a sesión levamos a cabo a representación do xuízo de Nike, que non sería posible sen o traballo feito por todos os participantes. Despois dun intenso cara a cara entre defensa e acusación, un desfile de testigos de ambas partes e unhas probas xudiciais moi traballadas, todo baixo a supervisión do xurado, éste retirouse a deliverar. O veredicto non convenceu a ningunha das partes, pero de seguro que a Nike lle costará o seu pagar a todos os seus empregados do sudeste asiático a indemnización requerida.
E sen máis, darvos de novo as gracias a todos e desexar que o traballo feito servira para que pasarades un bo rato. Deica martes!
No hay comentarios:
Publicar un comentario