30 abr 2011

8ª SESIÓN (26 de abril de 2011)

O pasado martes tivemos a charla sobre Proxectos de Cooperación impartida por voluntarios da ONGD Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.

Comezamos falando do acceso á auga, xa que 886 millóns de persoas, ou 1 de cada 6, non teñen acceso á auga potable.Este dato agrávase moito nas comunidades rurais. Pero ¿qué factores definen o acceso á auga? Calidade, distancia e cantidade. ¿ E qué ocorre se falamos de saneamento? 2600 millóns de persoas non dispoñen dun saneamento nas súas comunidades, e menos nas súas vivendas. Os efecto disto van dende as enfermidades como a diarrea, difteria,etc.. ata a desigualdade de xénero e a guerra.

Non foi ata o ano 2010 que a ONU recoñeceu a auga potable e o saneamento como dereitos humanos esenciais. O cal non deixa de ser incrible.
A continuación pasaron a explicar que é un proxecto de cooperación. Cómo se define? Cales son as súas ferramentas?

Un aspecto esencial dun proxecto de cooperación e que ten unha vocación transformadora. Entre as ferramentas máis importantes está o marco lóxico e o ciclo do proxecto: Programación, Identificación, Deseño e formulación, Execución e seguemento e Avaliación. Esta última volvería a vincularse coa primeira , xa que un aspecto vital deste proxectos é a avaliación, reflexionar sobre se se acadaron os obxectivos, se a poboación se fixo dona e o grado de aceptación, todolos erros atopados reflictiranse na nova programacion.

E xa para rematar deixámosvos unha frase :
Na medida en que vexamos os invisibles, lograremos os imposibles
Vémonos o próximo martes!

25 abr 2011

ANUNCIO 8ª SESIÓN (26 de abril de 2011)

Martes, 26 de abril de 2011

Proxectos de Cooperación para o Desenvolvemento

- Obradoiro formativo impartido por voluntarios da ONGD Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. Falarán sobre os Proxectos Internacionáis que se están a a levar a cabo en países do Sur.

O martes, 26 de abril ás 18:00h na Sala de Graos 1 da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña.

14 abr 2011

7ª SESIÓN (12 de Abril de 2011)

O pasado martes 12 de Abril tivemos con nós a Roberto Mansilla Blanco, analista do IGADI, e veu a falarnos sobre o problema do desenvolvemento en África e o caso particular de Somalia.

Para introducir o tema, Roberto fixo unhas breves referencias históricas sobre o colonialismo europeo en África e as consecuencias que aínda sofren por el actualmente. Recalcou a enorme diversidade cultural existente, así como a división entre o Magreb, ou África árabe e a África Subsahariana ou Negra. Unha característica presente en moitos dos países africanos é a dificilísima estabilidade, propiciada entre outras cousas por unha demografía moi creciente, o peso da emigración, o pulso de potencias extranxeiras, golpes militares e autoritarismo, pobreza, guerras civiles, enfermidades, débeda externa...

Para exemplarizar con un país, elixiu Somalia, un territorio moi de actualidade entre os galegos. Éste é un país no que se reflexa a problemática do Estado fallido, xa que é un estado dividido en tres e non se garantiza que o goberno teña poder en todo o territorio. Ademáis o pobo esta dividido pola relixión, xa que predominan por un lado o islam e polo outro as relixións animistas, máis antigas. Somalia está constituído por Mogadiscio, Puntlandia e Somalilandia, pero o que nos coñecemos como tal país solo é Mogadiscio (que tamén é a capital). Este descentralismo é o que xera bandas moi organizadas que substitúen en parte esta ausencia de goberno, e podemos citar por exemplo o caso dos "piratas". As potencias mundiales están moi moi interesadas en que se constitúa un goberno sólido xa que Somalia é unha posible potencia petroleira.

Xa para rematar, e como non podía ser de outro xeito falando de África, deunos unhas pinceladiñas sobre a revolución no mundo árabe. Preguntámonos, porque agora? e a resposta pode ser que existe un nivel de frustación social moi alto entre as clases medias, xa que non se ven co peso político que merecen. Realmente ninguén esperaba que esto ocurrira, pero a visión occidental foi tremendamente miope.

A continuación fixemos a dinámica da Presa Balbina, como aperitivo para o xuízo de Nike, e resultou todo un éxito. Convertiuse nun cara a cara entre a multinacional xaponesa e o goberno brasileiro, xa que o país negábase a introducir capital extranxeiro. E por último repartimos os papeis sobre o xuízo, facendo dous equipos que loitarán pola victoria o día 3 de maio facendo uso da súa dialéctica!

Moitas gracias pola vosa participación, pola choiva de ideas servidas e vémonos en 10 días!

9 abr 2011

ANUNCIO 7ª SESIÓN (12 de abril de 2011)

Martes, 12 de abril de 2011

Problemas para o desenvolvemento en África. O conflito Somalí.

- Conferencia de
Roberto Mansilla Blanco analista do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI). Falará sobre o proceso de desenvolvemento en África, e a problemática do conflito Somalí.

O martes, 12 de abril ás 18:00h na Aula 5 da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña.

7 abr 2011

6º SESIÓN (5 de Abril de 2011)

Este martes levamolo concepto de habitabilidade básica ó noso entorno máis próximo, falando da cooperación local en proxectos que abordan a exclusión social, da man de representantes de ASF Galicia e o presidente da asociación de veciños do Campañario, do Portiño (ata o pasado ano) Ramón Pérez Basich, membro moi activo na erradicación do chabolismo na Coruña.

Todos nos estamos armados coas capacidades necesarias para loitar para cambiar o mundo que nos rodea. Achegamonos ó concepto de oportunidade, de responsabilidade social das nosas profesións, e coñecimos, algúns de nós por vez primeira, as máquinas ecosóficas. "Para traballar nun asentamento de infravivenda é necesaria unha diagnose complexa que responda á realidade complexa". (Investigación, experimentación,comunicación e acción participativa).

Falando de exclusión social, o que cambia a través do tempo e das culturas é a maneira ou os medios empregados para a satisfacción das necesidades do individuo para evitar a perda do vínculo entre a sociedade e a persoa.Estas necesidades van dende a subsistencia á identidade. É moi importante o respeto da identidade cultural das persoas, a ausencia deste, é a causa principal de que as políticas "sociais" que nos venden a "erradicación do chabolismo" fracasen .Non hay protagonismo das persoas, as solucións propostas pola administración veñen impostas dende arriba hacia abaixo.

Esquecemonos de que o poder público ten a obriga de actuar positivamente ante estas situacións de desigualdade, que afectan a grandes sectores da cidadanía, e deixar de ser un observador neutral. Ademáis os cidadáns temos a responsabilidade de actuar fronte a esta situación e de esixir o cumplimento dos dereitos básicos que a determinados colectivos da nosa sociedade, lles son negados sistemáticamente.E temos o privilexio e a obriga de coñecer a identidade das distintas culturas que habitan con nos, en lugar de esperar que renuncien a ela.

Vimos interesantes exemplos de actuacións neste ámbito, no barrio de O Campanario, onde se partiu da participación directa da cidadanía, para a mellora do seu entorno, que estaba a ser ignorado por aqueles que teñen o deber de mirar por él.

Deixemos xa de empurrar á xente ás periferias, teñamos a coraxe para entender que todos somos cidadáns do mundo e sobretodo, fagámonos responsables deste problema. Esixamos solucións integrais. Será necesario recordarnos aquel eslogan que definía os carteis desta cidade? A Coruña, a cidade na que ninguén é forasteiro.

4 abr 2011

ANUNCIO 6ª SESIÓN (5 de Abril de 2011)

Martes, 5 de abril de 2011

Exclusión Social, Proxectos de Cooperación Local

- Obradoiro Formativo no que participarán:
  • Alberto Varela García, Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos e profesor da Universidade da Coruña, que realizou numerosos estudios sobre o subdesenvolvemento nas cidades.
  • Ramón Pérez Basich, Presidente da Presidente da AA.VV. O Campanario do Portiño e membro activo na erradicación de asentamentos marxinais na Coruña.
  • Xiao Varela Gómez, Arquitecto fundador de Desescribir (obradoiro de arquitectura e deseño), participante na plataforma A Cidade dos Barrios e noutras iniciativas como a Rede de Dereitos Sociais.
O martes, 5 de abril ás 18:00h na Sala de Graos 1 da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña.