Xa comezou o curso, e con el a nosa preparación da asignatura que comezará logo dos exámes de febreiro. Será un curso de novidades, onde trataremos novos temas e intentaremos coma sempre conseguir facer unha asignatura diferente e coa premisa fundamental de ensinar cunha mirada diferente o mundo que nos rodea.
25 oct 2010
29 may 2010
FIN DO CURSO 2009/2010
- Comprender mellor a realidade do mundo.
- Coñecer as causas dos desequilibrios que nel existen.
- Adquirir unha visión máis respetuosa e comprensible coa diversidade étnica, cultural e relixiosa que nos rodea.
Agradecemosvos a todos os que nos seguistes a través deste blog, así como tamén no Facebook de ICD e recordámosvos que si vos gustou o curso e queredes profundizar máis sobre algún tema concreto ou si estades interesados en colaborar, participar ou formar parte de ESF Galicia, non tedes máis que contactar con nós:
Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos.
Campus de Elviña, s/n.
981 16 70 00 Ext.: 1479
info@galicia.isf.es
http://www.galicia.isf.es
O ano pasado, para rematar o curso, recurríamos ás verbas de Mario Bennedetti onde se plantexaba moitas preguntas que deberían facernos reflexionar (podedes leer o poema completo premendo AQUÍ).
Polo tanto, para non perder as boas costumes, recurrimos unha vez máis ao seu poemario para reflexionar, nesta ocasión, sobre o futuro que temos por diante e as cousas que podemos ou debemos facer como persoas-seres humanos-habitantes deste planeta que somos, si queremos tratar de mudar todo aquelo que nos parece inapropiado e non contribúa a conseguir acadar unha sociedade máis xusta, igualitaria e mellor para todos.
[...]
lento pero viene
el futuro se acerca
despacio
pero viene
ya casi está llegando
con su mejor noticia
con puños con ojeras
con noches y con días
con una estrella pobre
sin nombre todavía
lento pero viene
el futuro real
el mismo que inventamos
nosotros y el azar
cada vez más nosotros
y menos el azar
lento pero viene
el futuro se acerca
despacio
pero viene
lento pero viene
lento pero viene
lento pero viene
Mario Benedetti
26 may 2010
13ª SESIÓN (25 de maio de 2010)
O pasado día 25 de maio puxemoslle fin ao curso de ICD, desexando que fora proveitoso para todos.
A última ponencia estivo protagonizada por Vanesa Míguez Martín e explicou o que é a diversidade cultural con tódolos seus beneficios.
Nun primeiro lugar expuxo o tema das migracións, tanto a saída de persoas durante o século pasado a latinoamérica ou a europa como a entrada que actualmente se está vivindo no noso país.
Divertiunos cunha dinámica acerca das ideas xeralizadas que temos sobre algúns países, e serviu para decatarnos que unha cultura calquera engloba moito máis que esos prexuízos.
Despois de ver as nacionalidades máis presentes no país apareceron temas de actualidade como a “piratería” en Somalia ou o gran interese dos países desenrolados en ter inmigrantes ilegales a nivel de crecemento do PIB, que ven da man da economía chamada “sumerxida”.
Por motivos de problemiñas de son, tralo descanso visualizamos un pequeño video acerca do hiyab; esto tamén suscitou un debate posterior onde de novo os prexuízos de sumisión feminina volveron a deixarse ver.
Para rematar, como última dinámica xogamos a facer cubos: intercambio de materias primas, roubos, pouca solidariedade, falta de recursos para todos... Son algunhas das cousas que vivíchedes ao facer esta actividade, e esto representa tamén o comercio e relacións internacionais.
Logo das despedidas oportunas e obligadas, solo rematar con que ESF necesita voluntarios, e encantaríanos poder aloxar entre nos algún ou algunha que se sinta con ganiñas de aportar o que poida para levar a cabo os nosos proxectos: sensibilización, asignatura, administración, informática...
Moitas grazas a todos, ponentes, alumnos e visitantes, e a todos os que de algun xeito estiveron presentes. Un ano mais, foi un pracer!
Lembrade que Renunciar ao mellor dos mundos non significa renunciar a un mundo mellor.
20 may 2010
ANUNCIO 13ª SESIÓN
CICLO DE CONFERENCIAS / CURSO:
"INTRODUCCIÓN Á COOPERACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO"
Martes, 25 de maio de 2010:
Diversidade cultural
- Conferencia de Vanessa Míguez Martín, Socióloga e Antropóloga; Máster en Migracións Internacionais e Mediación Intercultural; Ampla experiencia en países do Sur (Tanzania, Sahara, ...).
Falará sobre a Diversidade Cultural e a relación da Cooperación para o Desenvolvemento coa temática de Xénero.
O martes, 25 de maio ás 18:00h na Aula 7 da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña.
19 may 2010
12ª SESIÓN: (18 de maio de 2010)
Nun primeiro lugar expuxo o que é a axuda humanitaria e a diferencia que existe entre acción humanitaria e axuda oficial ao desenvolvemento. A primeira trata de paliar os problemas a corto prazo e sen embargo a AOD é unha medida de trasfondo político que intenta erradicar a pobreza dende a base.A continuación ofreceunos varios exemplos de campos de refuxiados e resumiu os numerosos problemas existentes en dous fundamentais: problemas básicos de infraestruturas para manter durante unha media de 14 anos un campamento deseñado só para un (principalmente para garantir o acceso a auga) e o respecto aos liderazgos existentes en cada comunidade.
Fixo fincapé tamén na recorrencia das desgracias ambientais e bélicas nunhas mesmas zonas do planeta: Centro América, a zona do ecuador africano e a costa asiática central.
Para rematar a súa ponencia introduciu un tema moi de actualidade: o terremoto de Haití.
Nun primeiro lugar criticouse a valentía dos gobernos dos países desenvolvidos debido a que ofrecen nun primeiro momento cantidades de diñeiro que logo nunca chegan a doar: a diferencia entre o que se ofrece nun primeiro momento e o que logo se dá é dun 60% aproximadamente.
Haití era un país que xa necesitaba moita axuda antes do terremoto, unha axuda que lle fora denegada poucos meses antes; xa máis dun 60% da poboación vivía con menos de 1$ ao día pero tivo que ocorrer o terremoto para que esta axuda se fixera “real”.
O curso está a piques de rematar, así que desexando que fora proveitoso vémonos o martes para poñerlle fin.
14 may 2010
ANUNCIO 12ª SESIÓN
"INTRODUCCIÓN Á COOPERACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO"
Martes, 18 de maio de 2010:
Axuda en Emerxencia
- Conferencia de Francesc Cortada Hindersin, Director da Área de Relacións con Organismos Oficiais da ONG Intermón Oxfam; Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos; Especialista na área de Hidráulica e Enerxía e Diplomado en Cooperación para o Desenvolvemento.
Falará sobre a axuda en emerxencia e as adecuadas formas de actuación en casos de catástrofes humanitarias.
O martes, 18 de maio ás 18:00h na Aula 7 da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña.
12 may 2010
11ª SESIÓN: (11 de maio de 2010)
Para desenrolalo tivemos a presenza de varios voluntarios de ESF Galicia, concretamente do grupo de proxectos que nos explicaron dunha forma moi amena todolos procesos dun proxecto (algúns deles un tanto complexos).
Despois dunha pequena introducción levaron a cabo a dinámica dos actores, no que por grupos había que poñerse na pel dos diferentes axentes do proxecto e obter as responsabilidades de cada un deles: ONG internacional, beneficiarios, financiadores, ONG local... E posteriormente dunha forma moi visual, mediante fios de cores, vimos a comunicación entre grupos, a incidencia do propio proxecto e o camiño que sigue a financiación.Despois dun descansiño expuxéronsenos os problemas que se atopan en calquera proxecto e reflexárono na dinámica da árbore de problemas, onde se intentaban xerarquizar as dificultades existentes.
Xa para rematar explicaron o programa de Honduras, unha actuación que poderán ver e traballar sobre ela os compañeiros que se van de PCR (proxecto de coñecemento da realidade). Trátase dun “conxunto” de proxectos que forman un programa de acción na temática da auga, localizado no golfo de Fonseca e onde confluyen outros dous países con presencia de ISF: El Salvador, Nicaragua e a citada Honduras.
Xa queda moi pouquiño para rematar, así que exprimamos as últimas clases!
Deica martes.
10 may 2010
ANUNCIO 11º SESIÓN
"INTRODUCCIÓN Á COOPERACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO"
Martes, 11 de maio de 2010:
Obradoiro formativo sobre "Proxectos de Cooperación"
Participarán:
- Membros do Grupo de Proxectos da ONGD Enxeñería Sen Fronteiras Galicia que falarán sobre os proxectos que esta asociación leva a cabo en países do Sur.
O martes, 11 de maio ás 18:00h na Sala de Grados 1 da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña.![]()