Para desenrolalo tivemos a presenza de varios voluntarios de ESF Galicia, concretamente do grupo de proxectos que nos explicaron dunha forma moi amena todolos procesos dun proxecto (algúns deles un tanto complexos).

Despois dun descansiño expuxéronsenos os problemas que se atopan en calquera proxecto e reflexárono na dinámica da árbore de problemas, onde se intentaban xerarquizar as dificultades existentes.
Xa para rematar explicaron o programa de Honduras, unha actuación que poderán ver e traballar sobre ela os compañeiros que se van de PCR (proxecto de coñecemento da realidade). Trátase dun “conxunto” de proxectos que forman un programa de acción na temática da auga, localizado no golfo de Fonseca e onde confluyen outros dous países con presencia de ISF: El Salvador, Nicaragua e a citada Honduras.
Xa queda moi pouquiño para rematar, así que exprimamos as últimas clases!
Deica martes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario