O pasado día 25 de maio puxemoslle fin ao curso de ICD, desexando que fora proveitoso para todos.
A última ponencia estivo protagonizada por Vanesa Míguez Martín e explicou o que é a diversidade cultural con tódolos seus beneficios.
Nun primeiro lugar expuxo o tema das migracións, tanto a saída de persoas durante o século pasado a latinoamérica ou a europa como a entrada que actualmente se está vivindo no noso país.
Divertiunos cunha dinámica acerca das ideas xeralizadas que temos sobre algúns países, e serviu para decatarnos que unha cultura calquera engloba moito máis que esos prexuízos.
Despois de ver as nacionalidades máis presentes no país apareceron temas de actualidade como a “piratería” en Somalia ou o gran interese dos países desenrolados en ter inmigrantes ilegales a nivel de crecemento do PIB, que ven da man da economía chamada “sumerxida”.
Por motivos de problemiñas de son, tralo descanso visualizamos un pequeño video acerca do hiyab; esto tamén suscitou un debate posterior onde de novo os prexuízos de sumisión feminina volveron a deixarse ver.
Para rematar, como última dinámica xogamos a facer cubos: intercambio de materias primas, roubos, pouca solidariedade, falta de recursos para todos... Son algunhas das cousas que vivíchedes ao facer esta actividade, e esto representa tamén o comercio e relacións internacionais.
Logo das despedidas oportunas e obligadas, solo rematar con que ESF necesita voluntarios, e encantaríanos poder aloxar entre nos algún ou algunha que se sinta con ganiñas de aportar o que poida para levar a cabo os nosos proxectos: sensibilización, asignatura, administración, informática...
Moitas grazas a todos, ponentes, alumnos e visitantes, e a todos os que de algun xeito estiveron presentes. Un ano mais, foi un pracer!
Lembrade que Renunciar ao mellor dos mundos non significa renunciar a un mundo mellor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario