O pasado día 18 de maio tivo lugar a sesión Axuda en Emerxencia, explicada por Francesc Cortada Hindersin, de Intermón Oxfam.
Nun primeiro lugar expuxo o que é a axuda humanitaria e a diferencia que existe entre acción humanitaria e axuda oficial ao desenvolvemento. A primeira trata de paliar os problemas a corto prazo e sen embargo a AOD é unha medida de trasfondo político que intenta erradicar a pobreza dende a base.
A continuación ofreceunos varios exemplos de campos de refuxiados e resumiu os numerosos problemas existentes en dous fundamentais: problemas básicos de infraestruturas para manter durante unha media de 14 anos un campamento deseñado só para un (principalmente para garantir o acceso a auga) e o respecto aos liderazgos existentes en cada comunidade.
Fixo fincapé tamén na recorrencia das desgracias ambientais e bélicas nunhas mesmas zonas do planeta: Centro América, a zona do ecuador africano e a costa asiática central.
Para rematar a súa ponencia introduciu un tema moi de actualidade: o terremoto de Haití.
Nun primeiro lugar criticouse a valentía dos gobernos dos países desenvolvidos debido a que ofrecen nun primeiro momento cantidades de diñeiro que logo nunca chegan a doar: a diferencia entre o que se ofrece nun primeiro momento e o que logo se dá é dun 60% aproximadamente.
Haití era un país que xa necesitaba moita axuda antes do terremoto, unha axuda que lle fora denegada poucos meses antes; xa máis dun 60% da poboación vivía con menos de 1$ ao día pero tivo que ocorrer o terremoto para que esta axuda se fixera “real”.
O curso está a piques de rematar, así que desexando que fora proveitoso vémonos o martes para poñerlle fin.
No hay comentarios:
Publicar un comentario