30 mar 2010

ANUNCIO 6ª SESIÓN

CICLO DE CONFERENCIAS / CURSO:

"INTRODUCCIÓN Á COOPERACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO"

Martes, 6 de abril de 2010:

Mesa Redonda sobre Comercio Xusto e Consumo Responsable.

Participarán:

- Clara Raposo González, membro da ONG
A Cova da Terra e especialista en Comercio Xusto e Agricultura Ecolóxica.

- Carmen Beltrán Moreiras, responsable da Tenda Ecolóxica da ONG
Intermón Oxfam.

- María Paz Gutiérrez, Directora da ONG
Solidaridade Internacional Galicia.

- Membros da Cooperetiva de Consumo Responsable "
Zocaminhoca" da Coruña.

O martes, 6 de abril ás 18:00h na Aula 7 da
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña.

24 mar 2010

5ª SESIÓN: (23 de marzo de 2010)

A quinta sesión de ICD estivo marcada por un tema moi cercano a todos: O Cuarto Mundo, ou o que é o mesmo, a pobreza nos países do primeiro mundo.

Alberto Varela, profesor da UDC, proxectou nun primeiro lugar o filme “Dueños de Nada”, no que se da unha visión do día a día dun poboado marxinal dende os ollos dunha nena, e mantendo á marxe algúns dos prexuizos como as drogas, a delincuencia...

A súa ponencia consistiu en explicar as carencias que teñen estes asentamentos, a falta de servizos fundamentais para levar unha vida digna que son os que os levan á marxinación, as enormes diferenzas económicas entre estas persoas e o resto dos habitantes...

Alberto trouxo con el un convidado moi especial, xa que é unha persoa capaz de contarnos a súa experiencia nun barrio marxinal de primeira man: Ramon Pérez, presidente da Asociación de Veciños do Portiño, un dos moitos barrios creados ao realoxar enganosamente a persoas pobres que vivían en terreos con alto valor empresarial ou constructivo.

Tras mostrarnos partes da súa vida, cargada de loita por mellorar a situación dos seus veciños e a súa propia, afirma moi satisfeito que o Portiño non figura na lista de barrios conflictivos na cidade da Coruña.

A continuación iniciouse un debate moi intenso e interesante, no que saíron á luz ao fin os prexuizos que todos coñecemos acerca da poboación xitana. ¡Non se pode xeralizar! Esa quizá sexa a idea que debamos cambiar nas nosas mentes.

Xa por último repartimos os papeles para a actividade do xuizo da Nike, coa esperanza de que nos sorprendades coas vosas ideas e que sexa unha dinámica moi imprevisible e amena.

Moitas grazas e ata a volta das vacacións.

RECOMENDACIÓNS:

DOCUMENTOS:

Informe sobre o Cuarto Mundo elaborado por Alberto Varela García
"
El Subdesarrollo en Nuestras Ciudades"

20 mar 2010

ANUNCIO 5ª SESIÓN

CICLO DE CONFERENCIAS / CURSO:

"INTRODUCCIÓN Á COOPERACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO"

Martes, 23 de marzo de 2010:

Cuarto Mundo, a pobreza no Norte

- Conferencia impartida por Alberto Varela García, Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos e profesor da UDC que realizou numerosos estudios sobre o subdesenvolvemento nas cidades e Ramón Pérez Basich, Presidente da AA.VV. O Campanario de O Portiño e membro activo na erradicación de asentamentos marxinais na Coruña.

- A continuación proxectarase o documental "Dueños de Nada”.

O martes, 23 de marzo ás 18:00h na Aula 7 da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña.

17 mar 2010

4ª SESIÓN: (16 de marzo de 2010)

A cuarta sesión, que tivo lugar o pasado 16 de Marzo iniciouse coa ponencia “propiedade intelectual e transferencia tecnolóxica” e levouna a cabo Andres Maneiro.

Para comezar na introducción do tema fixo a dinámica do Ipod, e serviu para decatarse do reparto de beneficios que supón a fabricación e venta deste aparello tecnolóxico, xa que é pouco equitativo e as ganancias substanciais están concentradas en determinados países.

A información non é libre, xa que está completamente subordinada ás patentes, dereitos...

¿Por qué utilizar un software libre? Pois por que é como ter un piso en propiedade en lugar de telo en alquiler, no que se poden facer os cambios que un queira sen terlle que pedir permiso ao dono neste caso do software. Hai moitas razóns para facelo, como a independenza, a adaptación, flexibilidade, a transferencia... Pero o certo é que aínda hoxe en día a maioría da xente opta por softwares privados, ¿quizá pola desinformación?...

Ao final da sesión proxectouse “
Los amos del mundo” e logrou producir inquedanzas acerca de quén manda realmente: ¿os políticos? Casi nada. ¿As grandes potencias?...

O certo é que no debate posterior afloraron varias ideas de intereses económicos detrais das decisións políticas, e foron exemplos como o da vacina da gripe A nos que todos estabamos de acordo.

Cada vez vai a máis a participación! Moitas gracias e deica martes.

RECOMENDACIÓNS:

DOCUMENTOS:


Informe de Carolina Sténeri:
"
Patentes y Derechos de Propiedad: Mal Innecesario"

Informe:
"
Devolución y Propiedad Intelectual"

VÍDEOS:


Para coñecer o movemento do software libre:

O Documental "
Revolution OS" é o que mellor explica a experiencia do Software Libre.

LinEx:

Reportaxe emitido en EuroNews

16 mar 2010

ANUNCIO 4ª SESIÓN

CICLO DE CONFERENCIAS / CURSO:

"INTRODUCCIÓN Á COOPERACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO"

Martes, 16 de marzo de 2010

Software Libre e Propiedade Intelectual

- Conferencia de Andrés Maneiro Boga, Enxeñeiro Técnico Industrial e especialista en Software Libre. Falará sobre a Propiedade Intelectual e a súa relación con temas de Desenvolvemento Social.

- A continuación proxectarase o documental "Los Amos del Mundo".

O martes, 16 de marzo ás 18:00h na Aula 7 da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña.

10 mar 2010

3º SESIÓN: (9 de marzo de 2010)

A terceira sesión de ICD estivo marcada principalmente polo tema da colonización, tanto de América Latina coma de África.

O ponente Roberto Mansilla Blanco, pertencente ao IGADI, fixo unha visión global acerca da colonización e as súas consecuencias tanto inmediatas como a medio plazo. Insistiu na gran riqueza cultural, na debilidade dos gobernos marcados en moitas ocasións polos golpes de estado militares, no interese de novas potencias coma China nestes países, no interese xa tradicional de países como EE.UU...

Chamounos especialmente a atención a existencia de débeda pública na maior parte dos países colonizados, unha débeda que supón ata un 80% do presuposto anual para moitos destes gobernos.

¿Siguen estando saqueados estes países aínda trala descolonización? ¿Non lles queda máis remedio que endeudarse ata tales puntos para non poder máis que malvivir? Estas son algunhas das cuestións que tratamos durante o debate posterior.

Xa para rematar a clase e despois do descanso sempre ansiado, fixemos a actividade do Mapa de África. Básicamente tratábase de darse conta do descoñecemento do continente africano e da maneira na que se repartiron estas terras os países europeos, por iso o da presencia do móbil para buscar a solución ...

Intentamos introducirvos tamén na problemática da independeza do Sáhara Occidental, tendo como referencia a total pasividade do goberno español (principal responsable) e a unanimidade de respaldo ante esta independenza de tódolos países africanos, agás Marrocos, por suposto.

Acabamos derivando, para non variar, en como afectaría aos sectores máis independentistas de Cataluña, Euskadi ou Galicia esta independenza, xa que podía derivar nunha petición de segregación pola súa parte tamén.

Deica o martes!

6 mar 2010

ANUNCIO 3ª SESIÓN

CICLO DE CONFERENCIAS / CURSO:

"INTRODUCCIÓN Á COOPERACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO"

Martes, 9 de marzo de 2010:

Consecuencias da Descolonización

- Conferencia de Roberto Mansilla Blanco, analista do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (
IGADI). Falará sobre a Descolonización e as súas consecuencias en África e América.

O martes, 9 de marzo ás 18:00h na Aula 7 da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña.

3 mar 2010

2ª SESIÓN: (2 de marzo de 2010)

A segunda sesión tivo lugar o día 2 de marzo, cun programa un tanto denso quizais, debido á cantidade de información recibida en tan só dúas sesións.

Por primeira vez neste curso, e para iniciar a tipoloxía xeral das sesións de ICD, Enrique Sáez levou a cabo a ponencia “Comercio e Desenvolvemento”.

Desenrolou básicamente a idea de pobreza, entendendo como tal un ciclo pechado do que se pode sair. A idea fundamental que podemos sacar é a seguinte: “O principal activo do mundo son as persoas”, e por tanto é nas mans de tódalas persoas onde está facer algo por cambiar.

Expuxo tamén o concepto de que o traballo viaxa, como explicación á emigración existente tanto hoxe en día como en épocas pasadas (o único que cambia son os lugares cara onde viaxa ese traballo).

Xa por último deu unhas pinceladas sobre a crise económica que nos azouta actualmente e que lle quita o sono a moitas persoas.

Despois dunha sesión inexistente de preguntas ao ponente (aínda que esperamos que esto vaia cambiando) tocaba a explicación do mapa de Peters.

Roi deunos a coñecer a existencia doutras formas de representación do globo terráqueo. Intentouse expoñer o dimensionamento real dos continentes, fronte ao que estamos acostumados a ver nos mapas que nos ensinan dende as escolas, coa proxección de Mercator.

Os mapas de Peters e de Mercator non son os únicos existentes, e á vista están as enormes diferencias que hai entre eles; puidemos ver tamén mapas que representan o tamaño dos países en función de diferentes características como poden ser o consumo de auga, o número de infectados polo VIH...

Intentamos abrir un pequeno debate sobre a utilización dunha ou doutra proxección, e saliron ideas como a funcionalidade da de Mercator por representar fielmente a forma dos países ou o interese por resaltar as terras do Norte fronte as do Sur.

Xa para finalizar a sesión visualizamos unha pequena parte do documental “La corporación”, debido a que non logramos finalmente poñer un resumo que tiñamos preparado; pero quen teña interese por ver o resto, pode acceder a ver o documental completo a través deste blog, premendo enriba do título.

Seguiremos o martes, coma sempre con ilusión!