A segunda sesión tivo lugar o día 2 de marzo, cun programa un tanto denso quizais, debido á cantidade de información recibida en tan só dúas sesións.
Por primeira vez neste curso, e para iniciar a tipoloxía xeral das sesións de ICD, Enrique Sáez levou a cabo a ponencia “Comercio e Desenvolvemento”.
Desenrolou básicamente a idea de pobreza, entendendo como tal un ciclo pechado do que se pode sair. A idea fundamental que podemos sacar é a seguinte: “O principal activo do mundo son as persoas”, e por tanto é nas mans de tódalas persoas onde está facer algo por cambiar.
Expuxo tamén o concepto de que o traballo viaxa, como explicación á emigración existente tanto hoxe en día como en épocas pasadas (o único que cambia son os lugares cara onde viaxa ese traballo).
Xa por último deu unhas pinceladas sobre a crise económica que nos azouta actualmente e que lle quita o sono a moitas persoas.
Despois dunha sesión inexistente de preguntas ao ponente (aínda que esperamos que esto vaia cambiando) tocaba a explicación do mapa de Peters.
Roi deunos a coñecer a existencia doutras formas de representación do globo terráqueo. Intentouse expoñer o dimensionamento real dos continentes, fronte ao que estamos acostumados a ver nos mapas que nos ensinan dende as escolas, coa proxección de Mercator.
Os mapas de Peters e de Mercator non son os únicos existentes, e á vista están as enormes diferencias que hai entre eles; puidemos ver tamén mapas que representan o tamaño dos países en función de diferentes características como poden ser o consumo de auga, o número de infectados polo VIH...
Intentamos abrir un pequeno debate sobre a utilización dunha ou doutra proxección, e saliron ideas como a funcionalidade da de Mercator por representar fielmente a forma dos países ou o interese por resaltar as terras do Norte fronte as do Sur.
Xa para finalizar a sesión visualizamos unha pequena parte do documental “La corporación”, debido a que non logramos finalmente poñer un resumo que tiñamos preparado; pero quen teña interese por ver o resto, pode acceder a ver o documental completo a través deste blog, premendo enriba do título.
Seguiremos o martes, coma sempre con ilusión!
No hay comentarios:
Publicar un comentario