A cuarta sesión, que tivo lugar o pasado 16 de Marzo iniciouse coa ponencia “propiedade intelectual e transferencia tecnolóxica” e levouna a cabo Andres Maneiro.
Para comezar na introducción do tema fixo a dinámica do Ipod, e serviu para decatarse do reparto de beneficios que supón a fabricación e venta deste aparello tecnolóxico, xa que é pouco equitativo e as ganancias substanciais están concentradas en determinados países.
A información non é libre, xa que está completamente subordinada ás patentes, dereitos...
¿Por qué utilizar un software libre? Pois por que é como ter un piso en propiedade en lugar de telo en alquiler, no que se poden facer os cambios que un queira sen terlle que pedir permiso ao dono neste caso do software. Hai moitas razóns para facelo, como a independenza, a adaptación, flexibilidade, a transferencia... Pero o certo é que aínda hoxe en día a maioría da xente opta por softwares privados, ¿quizá pola desinformación?...
Ao final da sesión proxectouse “Los amos del mundo” e logrou producir inquedanzas acerca de quén manda realmente: ¿os políticos? Casi nada. ¿As grandes potencias?...
O certo é que no debate posterior afloraron varias ideas de intereses económicos detrais das decisións políticas, e foron exemplos como o da vacina da gripe A nos que todos estabamos de acordo.
Cada vez vai a máis a participación! Moitas gracias e deica martes.
RECOMENDACIÓNS:
DOCUMENTOS:
Informe de Carolina Sténeri:
"Patentes y Derechos de Propiedad: Mal Innecesario"
Informe:
"Devolución y Propiedad Intelectual"
VÍDEOS:
Para coñecer o movemento do software libre:
O Documental "Revolution OS" é o que mellor explica a experiencia do Software Libre.
LinEx:
Reportaxe emitido en EuroNews
No hay comentarios:
Publicar un comentario