Na ponencia de hoxe, Blanca Rodríguez Rodríguez (Implicadas) explicounos a orixe, funcionamento e importancia dos microcréditos que fan posible a posta en marcha de pequenos proxectos que idean os grupos que os solicitan.
O microcrédito é unha forma de axuda nacida hai 30 anos na India, e está enfocada prioritariamente a grupos de mulleres, debido as condicións salariais, de segregación e de violencia nas que viven.
Ademáis disto, expúxonos o funcionamento dos "Grupos de aforro" que son pequenos grupos de mulleres autosuficientes que se organizan para aforrar, tendo así un sustento para poder seguir invertindo sen necesidade de caer na trampa dos prestamistas e usureiros.
Ambas formas de axuda distan moito de quedar só en melloras económicas, dado que supoñen a creación dunha rede social de formación e de integración das mulleres na sociedade, xogando un papel importante na eliminación dos estigmas sociais que as rodean.
Posteriormente proxectouse "Semente", un audiovisual mostra, a través das experiencias vitais das mulleres da Índia, as melloras que supuxeron nas súas vidas os grupos de aforro, e como coa axuda do "boca a boca", cada día son máis as mulleres que se agrupan para solicitar microcréditos e axudarse mutuamente.
Tralo descanso proxectouse o documental "Una nube sobre Bhopal" e entregouse a correspondente práctica que se recollerá se recollerá na vindeira sesión do 5 de maio de 2009.
Finalmente fíxose un debate aberto para expoñer os diversos puntos de vista e opicnións xurdidas na dinámica do Xuizo de NIKE.
RECOMENDACIÓNS:
LIBROS:
TÍTULO: Era medianoche en Bophal
AUTOR: Dominique Lapierre e Javier Moro
ISBN: 9788408042389
SINOPSE: Esta obra constitúe un minucioso relato da traxedia, empregando como eixe conductor a unha das familias de chabolistas afectadas pola nube tóxica que acabou coa vida de miles de seres humanos o 3 de decembro de 1984. É o produto dun magnífico, profundo e dificultoso traballo de investigación que ten en conta o desenvolvemento cronolóxico dos acontecementos que derivaron na catástrofe, o contorno social e cultural en que esta se produce e as consecuencias inmediatas e posteriores que representou para unha comunidade dun millón de habitantes nun país como a India. Esta obra é, por outra parte, un berro de alarma e unha advertencia do que representan algúns avances industriais e os seus efectos sobre as persoas e o medio ambiente, nun mundo onde non en todas partes a vida humana e o contorno natural non teñen, disque, o mesmo valor. Por último, "Era medianoche en Bhopal" é unha reclamación moral de xustiza en nome dos centos de milleiros de afectados nesta traxedia. Como lección maxistral de solidariedade, os autores implicáronse na reparación dos danos e financian co froito do seu traballo varias accións humanitarias en Bhopal.
PRENSA:
Así contaba a prensa da época a catástrofe de Bophal:
Centenares de muertos en la India al producirse una fuga de gases venenosos de una fábrica de pesticidas
Artigo publicado no xornal El País o 4 de decembro de 1984
Bophal: confusión, contradicciones e interrogantes
Artigo publicado no xornal El País o 13 de decembro de 1984
No hay comentarios:
Publicar un comentario