Posteriormente xerouse unha mesa redonda para tratar o tema do Comercio Xusto, nela participaron Clara Raposo González (A cova da Terra), Carmen Beltrán Moreiras (Intermón Oxfam) e María Paz Gutiérrez (Solidariedade Internacional). Tras explicarnos o concepto de Comercio Xusto, cada unha das ponentes explicounos a diferentes formas de tratalo.
Por exemplo, IO e Solidariedade Galega, comercian só con productos do Sur pero IO, por ser ONG meirande, funciona como exportador tratando directamente cos productores, mentres que Solidariedade xestiona os pedidos a través de IO. Por outra banda, A cova da Terra traballa tanto con productos do Sur como do Norte.
Tras resolver dúbidas que ían xurdindo, todas as ponentes fixeron fincapé na necesidade dun consumo responsable mercando por necesidade máis que por sociedade.
Trala mesa redonda fíxose unha degustación de productos de Comercio Xusto.
Finalmente púxese en marcha a representación do Xuizo de NIKE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario