Nesta sesión recibimos a varios representantes do comercio xusto, no só a través das ONGs como A Cova da Terra, Solidariedade Internacional Galicia e Intermón Oxfam; senón tamén coa creación de cooperativas de consumo responsable como Zocaminhoca. Este ano, o debate iniciouse como charla interactiva, fomentando a participación de todos os alumnos.
Avaliando o que cada un de nós consumimos diariamente, descubriuse que non está tan claro a orixe dalgúns productos cotidianos como o leite, o café os combustibles e incluso a auga. Sabemos onde o compramos, pero ¿estamos seguros de cal é a súa orixe, de cómo se produciu, e en qué condicións laborais? Ao longo da xornada falouse de todo isto, e debatiuse acerca das consecuencias que ten o consumo deste productos e outros de uso cotián, para a sociedade e o planeta.
As pricipais consecuencias que saíron a relucir son a contaminación, a pobreza derivada da concentración do capital, dependencias relacionadas coas condicións de traballo, etc.
O que ninguén dubidaba é que as nosas pautas de consumos teñen incidencias políticas moi graves, xa que "todos somos o sur de algo".
Cales son entón a alternativas? Ademáis de modificar o nosos comportamento á hora de consumir, de reflexionar sobre o que estamos mercando e se realmente o precisamos, surxiron ideas como a reciclaxe, medidas de retorno de embases ou as tres R.
Resulta curioso que non nos acordarámos do producto que máis se consume diariamente, que se move polo mundo en cantidades inxentes, que xera máis dependencias que ningún outro e que sen embargo, non aporta nada. O diñeiro
Tras tanta reflexión, qué mellor que probar no propio paladar o gusto do comercio xusto. Agora que xa sabemos que ademáis de estar boísimos están producidos de forma responsable e xusta, non quedan excusas para seguir esquecendose de reflexionar sobre aquelo que consumimos.
Vémonos o próximo martes!
O pasado martes día 15 de marzo tiña lugar unha nova sesión deste curso de ICD no que tratamos un tema fundamental e descoñecido para moitos: a banca ética.Alfredo Losada Suarez, membro de Fiare, acudía a explicarnos a existencia dunha banca alternativa á convencional, exemplificando co caso desta organización á que pertence. En primeiro lugar mostrounos algúns aspectos que reflexan que a banca en xeral non é ética: existe un posicionamento político inicial, o 80% dos beneficios proveñen das comisións, non sabemos a dónde van os nosos cartos, falta de acceso ao crédito, falta de transparencia... E con todas estas cuestións xurden unhas preguntas ás que a banca ética pretende dar resposta: o noso sistema bancario cobre as nosas necesidades?, onde invirten os nosos aforros?, existe un sistema alternativo?
Nesta clima de "oscurantismo" bancario nace Fiare con 2 obxetivos: financiar actividades económicas responsables e fomentar o inversor ou cliente responsable.Tras esta exposición xurdeu unha interesante quenda de preguntas, coma por exemplo se a banca ética podería utilizar os intereses da banca convencional para financiar as súas actividades, cómo facer para realizar un depósito, se ofrece servizos similares aos da banca tradicional, etc.E xa para rematar proxectamos "A Ilha das Flores", un documental que reflexa a realidade humana dun xeito moi irónico; dá unha visión da cruda realidade alonxándose dos dramatismos habituais.E como nesta sesión rematamos un chisquiño antes de tempo, esperamos que nolo deixedes recuperar en próximas sesións! Moitas gracias pola vosa participación en clase e deica martes!!
Martes, 15 de marzo de 2011
Banca Ética ou Alternativa
- Conferencia de Arturo Losada, membro de Fiare, entidade que nace co obxectivo de crear unha ferramenta de intermediación financeira en forma de cooperativa de crédito que vele polo interés común, pola participación e a transparencia, e polo servizo á xustiza; pemitindo dirixir o aforro de persoas, familias e organizacións cara proxectos que supoñan unha transformación da nosa sociedade e rescatar o valor social dos cartos e a actividade económica, poñéndoos ao servizo dun mundo máis xusto e humano.
O martes, 15 de marzo ás 18:00h na Aula 5 da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña.
A segunda sesión, que tivo lugar o pasado 1 de marzo, iniciouse coa presentación da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña, por parte de Lorena Rilo ( Técnica da OCV) e Luis Hervelle Nieto (Director da OCV ), dando a coñecer os diferentes proxectos nos que se involucran,as áreas nas que traballan e citando os proxectos que teñen en marcha actualmente: infancia e adolescencia, persoas sen fogar, reclusos, hospitalizados..etc
Tras isto, tivo lugar a conferencia de Andrés Maneiro sobre o caso do software libre no mundo do desenvolvemento. Na que vimos cómo a propiedade intelectual pode xerar barreiras nos países con sectores dinámicos de coñecemento e como máis que incentivar, úsase como arma para eliminar competencia.
Entón plantexábase a seguinte cuestión: ¿Son necesarias
as patentes para fomentar a creación?
No campo do software libre, expuxéronse as vantaxes dun modelo aberto. Quizáis a máis salientable sexa que o usuario ten a propiedade da aplicación, e os custos que supón o pago de licencias nun momento económico como é o actual.
Xa para rematar, vimos o vídeo "Binta, y la gran idea" que derivou nun debate acerca do concepto de benestar e crise.
Vémonos o próximo martes 15!
Martes, 1 de marzo de 2010
Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano. Software Libre.
- Conferencia de Andrés Maneiro Boga, Enxeñeiro Técnico Industrial e especialista en Software Libre. Falará sobre a aplicación da Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano, a Propiedade Intelectual e a súa relación con temas de Desenvolvemento Social.
- Intervención de Lorena Rilo Pérez, técnico da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña, que se encargará de presentar e dar a coñecer as actividades que realizan dende este organismo.
O martes, 1 de marzo ás 18:00h na Aula 5 da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña.
Este martes 22 de febreiro deu comezo a asignatura de ICD, agora comezamos o blog de este ano coa ilusión de que o leades, xa que se contarán anécdotas das clases e resumirase o contido das mesmas, a modo de diario.En primeiro lugar, José Anta e Quique Peña, profesores da Universidade da Coruña, presentaron a asignatura, comentando a orixe desta iniciativa e aclarando a intencionalidade das clases, poñendo sobre a mesa os criterios de avaliación, e instando a todos a participar, esquecendo os formatos habituais de clase.Tras isto, presentámonos os voluntarios, e demos a coñecer a nosa labor e a nosa resposabilididade para con esta asignatura, sobretodo á hora da entrega das prácticas, asistencias, etc...
Xa tras todas as presentacións, deu comezo a charla do día. Enrique Saez, foi o encargado de introducirnos en materia, dando a conferencia sobre " Comercio e desenvolvemento".Desenrolou o tema da pobreza como un problema global, e expuxo varias ideas fundamentais como que "se non viaxa o traballo, viaxan as persoas" e que "o comercio produce desenvolvemento" xerando un interesante debate entre os alumnos que de seguida mostraron a suas opinións debatindo acerca da necesidade ou non do intervencionismo e os aranceis. Para rematar, quedou no aire a seguinte idea:"O principal activo do mundo, son as persoas".
Por falta de tempo houbo que cortar o interesante debate, aínda que estamos gratamente sorprendidos polo nivel de participación, encantounos ver cómo surxía tan pronto o debate e todos se animaban a participar. Que non decaiga!!
Despois dun breve descanso, e xa para rematar a xornada, comezou a dinámica da cadeiras, na que levabamos preparados varios incentivos para a participación como paquetiños de sugus ou a pelota fatídica que obriga a falar, pero por sorte, apenas fixo falta. Todos sacaron a idea de cómo está repartido o mundo e debatiuse acerca da nosa pasividade, ou de cómo pode afectar o reparto da riqueza sen planificación. Pronto surxiu un comercio de cadeiras entre os continentes, e todos amosaban interese nos debates. Noraboa! Esperamos que tiverades unha boa primeira impresión, ao igual que nós a tivemos.
Vémonos o martes!
Martes, 22 de febreiro de 2010
Comercio e Desenvolvemento. Situación Mundial.
- Conferencia de Enrique Sáez Ponte, economista, avogado e escritor de numerosos libros e artigos periodísticos. Analizará a relación entre o comercio e o desenvolvemento e a situación mundial actual.
O martes, 15 de febreiro ás 18:00h na Aula 5 da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña.