22 dos 33 países que ocupan a cola no IDH experimentaron conflitos nalgún momento dende 1990, está a crecer o número de conflictos vinculados ó control dos recursos.
Realmente, os desastres naturais non son fortuítos. As crises humanitarias teñen que ver con estes conflitos e coa pobreza. O 90% dos desastres naturais teñen lugar en países en vías de desarrollo. Outro problema que afecta gravemente a xestión da axuda humanitaria é o reparto desigual da mesma debido a intereses xeoestratéxicos.
Pero, qué é realmente a axuda humanitaria? A axuda humanitaria está deseñada para protexer a dignidade humana e basease principalmente en 3 principios:
- - A diferenciación entre combatentes e non combatentes.
- - A limitación do uso da forza ( hospitales, depositos de auga..)
- - O principio de asistencia humanitaria. Sexa cal sexa o conflicto, o dereito internacional humanitario recoñéce o dereito da poboación a ser asistida, aínda que se atopa en crise dende os atentados do 11s.
DESASTRE = Vulnerabilidade + catástrofe - capacidades
Nunha crise humanitaria o primeiro que colapsa son os servizos de sanidade, a protección civil e a salubridade pública. Resulta fundamental a rapidez na resposta e o acceso á poboación afectada a través de corredores humanitarios, e sobretodo, comprender o contexto no que se traballa, saber que se traballará con xente que se atopa hundida emocionalmente e é preciso ter grandes capacidades de escoita activa, para garantir á eficacia da axuda.
Despois do descanso puxeronse diversos exenplos de crises humanitarias e de cómo se xestionou a axuda. A sequía de 1984 en Etiopía que matou a 300.000 persoas, a crise de Lagos, na que se planificou un campo de refuxiados de 200.00 persoas..Todos os exemplos nos mostraron o elevados grado de complexidade da resposta humanitaria. Unha axuda de emerxencia puntual que non contribúa ó desarrollo socioeconómico será só paliativa e está condenada o fracaso a medio prazo.
2 comentarios:
Ola!!!
E non ides publicar nada no blog este curso???
Sería unha forma chula de interactuar cos que somos alumnos.
Por certo, moi boa a selección de vídeos que publicades nesta web.
Miguel
No sabía cómo hacéros llegar esta información, así que aquí os dejo el enlace.
CURSO TECNICA y SOLIDARIDAD, 17 y 18 de Marzo. Torremocha de Jarama (Madrid)
http://www.solidaridad.net/noticias.php?not=7085
Publicar un comentario