O pasado día 4 de abril tivo lugar na asignatura de ICD a Mesa Redonda de Cooperación dende o punto de vista da administración.
Para desenrolala contamos coa presenza de Guillermo Otero (representante da Xunta de Galicia), Silvia Longueira (responsable de cooperación no Concello da Coruña) e por último de Luís Hervella (director da Oficina de Cooperación e Voluntariado).
Para comezar cada un deles deu unha visión da súa forma de entender a cooperación e de cómo cada administración colabora. Como idea máis sorprendente obtivemos que se cré que non é correcto fixar uns teitos coma o do 0,7% xa que as ONGDs “non serían capaces” de desenrolar os seus proxectos cunha cantidade moi superior de diñeiro ao actual.
Posteriormente iniciouse unha rolda de preguntas e o certo é que o tema que máis interesou por motivos de actualidade foi o da realidade actual dos barrios chavolistas na cidade; neste tema a concelleira mostrouse firme afirmando que tódalas familias que quixeron axuda obtivérona e que o realoxo está a piques de solucionarse por completo.
Despois dun cambio de plans de última hora, realizamos a dinámica de axentes de cooperación baseada na construcción dunha presa en Brasil. Tratábase de que 4 grupos representaran 4 posicións: o FMI e BM facendo fincapé na débeda que ten o país, o goberno brasileño, a multinacional xaponesa responsable da construcción e por último unha ONG que representaba os intereses ecolóxicos e dos indíxenas.
No debate posterior vimos fundamentalmente dúas posturas, por unha banda a da ONG e por outra a das outras 3 potencias. Xa para rematar fixemos unha votación a man alzada das opinións dos alumnos a favor ou en contra da construcción desta presa con todo o que supuxo, e sorprendentemente houbo unha gran parte que apostou a favor.
Nada máis e ata o martes que ven!
No hay comentarios:
Publicar un comentario