O pasado 13 de abril comezamos a clase de ICD coa ponencia de Pedro Vega Marcote, que nos viña explicar os modelos de desenvolvemento e o desenvolvemento sostible.
Nun primeiro lugar definiu a pegada ecolóxica como o impacto ambiental que provoca a satisfacción das nosas necesidades e que ten como resultado uns cuantiosos residuos producidos, que non somos capaces de absorber.
Dividindo a superficie produtiva de territorio por habitante observamos que hai 1.75 hectáreas por persoa, pero é que actualmente estamos ocupando 2.35 hectáreas de media, por tanto a situación mundial é insostible.
En Galicia necesitariamos 3 planetas para seguir vivindo a este ritmo!!!
Con esta clase intentamos animarvos a todos a cambiar algún hábito de vida sen demasiado esforzo, para lograr frear esta caída ao precipicio.
A segunda parte da sesión estivo protagonizada pola celebración do Xuízo da Nike, unha dinámica que esperamos que servira para divertirvos, pero especialmente para concienciarvos das pésimas condicións laborais de moitas persoas, neste caso das relacionadas co mundo téxtil.
Despois dunha actuación victoriosa da defensa da multinacional e dunha derrota precoz da acusación, o xurado popular dictou sentenza declarando inocente á empresa téxtil.
O vindeiro martes adicaremos uns minutos a debater sobre a celebración deste xuízo e a avaliar a actuación de tódolos participantes.
Moitas gracias polo esforzo realizado.
1 comentario:
polas fotos vese que lle destes un enfoque bo, de maneira que fose amena a sesión!
vese que estivo ben!
Publicar un comentario