O pasado día 6 de abril, tivo lugar a sesión de ICD sobre comercio xusto e consumo responsable.
Para comezar fixemos unha breve introducción sobre o que é o comercio xusto e logo pasamos a formar parte da mesa redonda, unha mesa de debate da que formabamos parte todos os alumnos e membros de las asociacións: Cova da Terra, Solidariedade Internacional Galicia, Intermón Oxfam, Zocaminhoca.
Intentouse resaltar a figura do intermediario como aquel que se leva realmente o beneficio dos productos, e aquel que paga en moitas ocasións con prezos inferiores ao coste de producción (está moito de actualidade co leite galego, por exemplo). E logo estos productos chégannos ata un 500% máis caros!
Despois de resaltar as diferenzas de traballo que ten cada asociación intentaron buscar qué podemos facer cada un de nós para cambiar a tónica xeral: non cambiar de aparellos tecnolóxicos cada vez que saian outros mellores, non cambiar de vestuario unha vez ao mes, utilizar embases de vidro e non de plástico...
E por suposto comezar a mercar productos de comercio xusto, como cacao, café... Productos que como puidéchedes comprobar na desgustación posterior ademáis de estar boísimos, son productos xustamente producidos e comercializados.
Xa para rematar a sesión fixemos os preparativos finais para a dinámica do Xuízo da Nike da próxima semana. Aínda que cada parte ten que gardar a súa versión en segredo, seguro que haberá máis dunha sorpresa. Pasarémolo xenial durante o xuizo, pero acordádevos de traer tódalas provas e haber se o xuez volas acepta!
ATENCIÓN: Aquí tedes a direción do correo para consultar calquera dubida sobre o xuízo (posibles probas, testigos, procedementos, etc.): uz.villamil@gmail.com
Deica martes señorías.
No hay comentarios:
Publicar un comentario