O pasado día 27 de abril tivo lugar a sesión de Axuda Oficial ao Desenvolvemento.
O profesor Quique Peña (UDC) veu a explicarnos a realidade da axuda que os principais organismos destinan ao desenvolvemento.
Nun primeiro lugar desmontou a idea de que as ONGD manexan moitos cartos, xa que tan só reciben arredor dun 5% do total e que non se destina axuda só cando hai emerxencias como terremotos, tsunamis...
A continuación expuxo os intereses por parte dos diferentes gobernos de destinar axuda a determinados países, especialmente a aqueles nos que as grandes multinacionais teñen intereses económico importantes; esto significa que é unha axuda entre “comiñas”. Nomeou diferentes métodos de axuda como os créditos FAD (cun 1% de intereses a devolver), o perdón de débeda, a axuda destinada á ONU... E deixou pendiente unha interesante dinámica que se levará a cabo na seguinte sesión.
Na segunda parte Alberto Varela retomou a temática do Cuarto Mundo realizando unha dinámica para poñerse no lugar de persoas en torno a un poboado chabolista.
Despois dunhas reflexións conxuntas chegouse a ver que brotan moitos problemas nestes entornos, pero non se chega a ningún tipo de solución eficaz.
Alberto ademáis de deixar aberta a posibilidade dunha visita a unha destas zonas marxinais na cidade da Coruña finalizou a clase cunha impactante frase: se non eres parte da solución, entón eres parte do problema.
Xa nos últimos minutos visualizamos o video "A Illa das Flores", un documental que reflexa a realidade do ser humano en tono irónico e dun xeito moi visual.
Esperámosvos coma sempre o martes.