28 may 2009

10ª SESIÓN: (19 de maio de 2009)

Virginia Romero Sobral (ex colaboradora do IGADI) impartiu unha charla relacionada coa historia dos proxectos de Cooperación; nela, fixo especial fincapé nos conceptos base da organización, a formación e o funcionamento dos diferentes factores actuantes dentro da elaboración e posta en funcionamento dun proxecto destas características.

Posteriormente, Enrique Peña González (UDC) falou sobre a Axuda Oficial para o Desenvolvemento, para o que empregou constantes comparativas entre os diferentes paises, a diferente porcentaxe do seu PIB para axuda para o desenvolvemento que lle adica cada un deles, chegando a conclusión de que os que máis lle adican son os estados do norte de Europa.

Ademais, axudounos a poñer en coñecemento a maneira de inversión desas porcentaxes de axuda desentramando as redes gubernamentais.

1 comentario:

Patricia Iglesias dijo...

Boísima iniciativa a do blogg!! encántame que poñades recomendacións!! Noraboa as persoas voluntarias que estades facendo semellante labor!!