A sesión deu comezo coa proxección do documental "Dueños de nada" que reflexa a marxinalidade e a miseria existente do barrio de El Vacie de Sevilla pero que é unha realidade extrapolable a moitas outras cidades do 1º mundo.
O filme serviu e introducción á ponencia de Alberto Varela García (UDC) que comentou a situación que se está a vivir en asentamentos deste tipo situados na cidade da Coruña. Tamén incidiu nas necesidades reais da gran cantidade de familias afectadas por esta situación.
De seguido, tomou a palabra Ramón Pérez Basich presidente da "AA.VV. O Campanario" de O Portiño quen se lamentou de que non exista un compromiso real por parte das autoridades para erradicar o problema de marxinación e precariedade coa que conviven moitas familias en asentamentos da Coruña.
Ademáis engadíu que as institucións tan só se acordan desta problemática situación cando hai que acometer actuacións sobre o territorio como no recente caso da construcción da 3º rolda ao seu paso por Penamoa. Un asunto que recorda moito ao acontecido hai xa máis de 20 anos cando para a construcción do hipermercado "El Corte Inglés" na zona de Catro Camiños moitas destas familias que habitaban neses terreos foron realoxadas en Penamoa, daquela (igual que na actualidade) prometéndolles que ese traslado era provisional. Coa perspectiva do tempo agora pódese concluir fácilmente que realmente o único que pretendía a Concello da Coruña gobernado naquel momento por Francisco Vázquez era quitarse de enriba o grave problema sen considerar as posibles solucións.
Ramón Pérez, mencionou tamén que a errónea vinculación que xeralmente soe facerse entre a xente que habita en este tipo de asentamentos con problemáticas como drogas ou delincuencia, provocan condutas racistas que se desatan por exemplo cando unha destas familias resulta agraciada cunha vivenda de VPO, segundo a súa opinión, en contra do que poida pensarse, estas persoas soen ser xente humilde e traballadora e que precisamente á hora de tentar acceder a un posto de traballo, inflúe negativamente o factor de habitaren en tales circunstancias. Tamén se referiu á importancia de que os habitantes destes poboados marxinais sexan conscientes, por exemplo, da importancia de escolarizar aos seus fillos, entre outros factores tamén importantes.
Finalmente, e despois do descanso repartiuse a todos os alumnos a actividade sobre o Sahara que se recollerá na vindeira sesión do 14 de abril de 2009.
RECOMENDACIÓNS:
INFORME:
TÍTULO: El Subdesarrollo en Nuestras Ciudades.
AUTOR: Alberto Varela
[Preme aquí para acceder ao informe completo elaborado por Alberto Varela]
No hay comentarios:
Publicar un comentario