Baixo o título de "Software Libre" o ponente Andrés Maneiro Boga (IGALIA) plantexou tres ideas básicas que conclúen na análise do perigo das patentes que supoñen unha ameaza para o desenvolvento humano, limitando a entrada de novos competidores no sistema impedindo así
o investimento en innovación dun país.
Posteriormente, Francisco Javier Tsao Santín expuxo a necesidade do software libre cos seus pros e contras, profundizando en casos específicos que fan posible o seu emprego en proxectos de cooperación ao estaren exentos do pago de licenzas.
Na derradeira parte da sesión proxectouse o documental "Los amos del mundo", que realiza unha análise sobor da democracia liberalista, o papel do BM e do FMI ante as grandes empresas e as consecuencias que sofre o pobo polo sistema capitalista e corrupto no que vivimos mediante a visión de diversos membros da comunidade intelectual internacional, como Samí Nair, Eduardo Galeano, etc… Chegando á conclusión de que "podemos escoller a salsa coa que somos cociñados pero non que non nos cociñen".
Para complementar a comprensión do filme repartiuse a práctica sobre o mesmo, que se recollerá o 24 de Marzo de 2009.
RECOMENDACIÓNS:
PÁXINAS WEB:
Para ampliar información sobre o tema de Sofware Libre podedes consultar as seguintes ligazóns:
Coñecemento Aberto
Cooperación para o desenvolvemento, Software Libre e os novos meios dixitais son algunhas das cousas que se tratan neste blog.
O bazar de Nes
Pensando en rede, Filosofía Open-Source.
No Solo Software
Algo máis que Software Libre.
2 comentarios:
Non sei se entendín mal o que quixéchedes dicir, pero o que Andrés explica é o contrario.
As patentes son unha barreira de entrada a novos competidores no mercado, e por tanto un freo a innovación, que además ten serías consecuencias para o desenvolvemento humano.
Debido á miña inexperiencia como redactora lamento que o escrito poida levar a confusión, aínda que a intención fose explicar máis ou menos as consecuencias negativas das patentes ao que ti fas referencia.
Tentarei modificalo para deixar clara a postura .
Moitas grazas por interesarte e participar no blog na materia de ICD.
Publicar un comentario