26 mar 2009

5ª SESIÓN: (31 de marzo de 2009)

A sesión deu comezo coa proxección do documental "Dueños de nada" que reflexa a marxinalidade e a miseria existente do barrio de El Vacie de Sevilla pero que é unha realidade extrapolable a moitas outras cidades do 1º mundo.

O filme serviu e introducción á ponencia de Alberto Varela García (UDC) que comentou a situación que se está a vivir en asentamentos deste tipo situados na cidade da Coruña. Tamén incidiu nas necesidades reais da gran cantidade de familias afectadas por esta situación.

De seguido, tomou a palabra Ramón Pérez Basich presidente da "AA.VV. O Campanario" de O Portiño quen se lamentou de que non exista un compromiso real por parte das autoridades para erradicar o problema de marxinación e precariedade coa que conviven moitas familias en asentamentos da Coruña.

Ademáis engadíu que as institucións tan só se acordan desta problemática situación cando hai que acometer actuacións sobre o territorio como no recente caso da construcción da 3º rolda ao seu paso por
Penamoa. Un asunto que recorda moito ao acontecido hai xa máis de 20 anos cando para a construcción do hipermercado "El Corte Inglés" na zona de Catro Camiños moitas destas familias que habitaban neses terreos foron realoxadas en Penamoa, daquela (igual que na actualidade) prometéndolles que ese traslado era provisional. Coa perspectiva do tempo agora pódese concluir fácilmente que realmente o único que pretendía a Concello da Coruña gobernado naquel momento por Francisco Vázquez era quitarse de enriba o grave problema sen considerar as posibles solucións.

Ramón Pérez, mencionou tamén que a errónea vinculación que xeralmente soe facerse entre a xente que habita en este tipo de asentamentos con problemáticas como drogas ou delincuencia, provocan condutas racistas que se desatan por exemplo cando unha destas familias resulta agraciada cunha vivenda de VPO, segundo a súa opinión, en contra do que poida pensarse, estas persoas soen ser xente humilde e traballadora e que precisamente á hora de tentar acceder a un posto de traballo, inflúe negativamente o factor de habitaren en tales circunstancias. Tamén se referiu á importancia de que os habitantes destes poboados marxinais sexan conscientes, por exemplo, da importancia de escolarizar aos seus fillos, entre outros factores tamén importantes.

Finalmente, e despois do descanso repartiuse a todos os alumnos a actividade sobre o Sahara que se recollerá na vindeira sesión do 14 de abril de 2009.

RECOMENDACIÓNS:

INFORME:

TÍTULO: El Subdesarrollo en Nuestras Ciudades.
AUTOR: Alberto Varela

[Preme aquí para acceder ao informe completo elaborado por Alberto Varela]

4ª SESIÓN: (24 de marzo de 2009)

A ponencia prevista para esta sesión, na que se ían abordar os temas relacionados coa "Axuda Oficial para o Desenvolvemento", tivo que ser aprazada pola indisposición que impediu a asistencia do ponente Enrique Peña González (UDC).

No seu lugar proxectouse un documental producido por Luís Miguel Domínguez titulado "Akuntsu: El fin del mundo" que nos mostrou a cara máis crúa da globalización: a desaparición da biodiversidade xenética e cultural das tribus da selva brasileira.

Logo do descanso explicouse a práctica relacionada co Colonialismo que se recollerá (e cada grupo expoñerá) na vindeira sesión do 31 de marzo de 2009.

A continuación proxectouse a curtametraxe "Binta y la gran idea" onde se demostra como coas pequenas ideas tamén se pode cambiar o mundo que nos rodea tomando o mellor do sur e o mellor do norte.

18 mar 2009

3ª SESIÓN: (17 de marzo de 2009)

Baixo o título de "Software Libre" o ponente Andrés Maneiro Boga (IGALIA) plantexou tres ideas básicas que conclúen na análise do perigo das patentes que supoñen unha ameaza para o desenvolvento humano, limitando a entrada de novos competidores no sistema impedindo así
o investimento en innovación dun país.

Posteriormente, Francisco Javier Tsao Santín expuxo a necesidade do software libre cos seus pros e contras, profundizando en casos específicos que fan posible o seu emprego en proxectos de cooperación ao estaren exentos do pago de licenzas.

Na derradeira parte da sesión proxectouse o documental "Los amos del mundo", que realiza unha análise sobor da democracia liberalista, o papel do BM e do FMI ante as grandes empresas e as consecuencias que sofre o pobo polo sistema capitalista e corrupto no que vivimos mediante a visión de diversos membros da comunidade intelectual internacional, como Samí Nair, Eduardo Galeano, etc… Chegando á conclusión de que "podemos escoller a salsa coa que somos cociñados pero non que non nos cociñen".


Para complementar a comprensión do filme repartiuse a práctica sobre o mesmo, que se recollerá o 24 de Marzo de 2009.

RECOMENDACIÓNS:

PÁXINAS WEB:

Para ampliar información sobre o tema de Sofware Libre podedes consultar as seguintes ligazóns:

Coñecemento Aberto
Cooperación para o desenvolvemento, Software Libre e os novos meios dixitais son algunhas das cousas que se tratan neste blog.
O bazar de Nes
Pensando en rede, Filosofía Open-Source.

No Solo Software
Algo máis que Software Libre.

11 mar 2009

2ª SESIÓN: (10 de marzo de 2009)

O ponente convidado para esta sesión foi Roberto Mansilla Blanco (IGADI) que analizou o pasado, presente e futuro de América Latina. Expuxo a situación actual dos principais países que a compoñen aportando datos de interese e analizando os retos aos que se terán que enfrontar no futuro.

A continuación todos os alumnos realizaron a enquisa inicial sobre conceptos da materia.

E de seguido, procedeuse á entrega e explicación da práctica do PIB que se recollerá o 17 de marzo de 2009.

A parte máis lúdica chegou coa realización da "dinámica do Mapa de África".

Dividiuse a clase en 5 grupos de 7 persoas cada un que se redistribuiron pola aula.

Déuselles un mapa de África no que tiñan que identificar cada un dos países acompañado da bandeira do seu colonizador. Unha actividade moi útil para comprobar os coñecementos xeográficos e culturais sobre o tema e así poder reflexionar.


Finalmente explicouse o mapa de Peters e demáis proxeccións nas que se pode comprobar e reflexionar sobre as distintas distribucións mundiais en temas como a analfabetización feminina, os usos da auga, o desemprego, etc...