
Os grupos de aforro son asociacións formadas na súa maioría por mulleres que se organizan para desenrolar un sistema de microcréditos. Fronte á vertente bancaria, os grupos de aforro céntranse en dar axuda en moitos aspectos da vida diaria das mulleres, e non só en prestar unha pequena cantidade de diñeiro que serve para que monten un negocio, invirtan... Os grupos de aforro colaboran tamén en educación, eliminación de prexuizos, información de dereitos...
A continuación visualizouse o documental “Una nube sobre Bophal”, no que se relatan uns feitos tráxicos ocorridos na multinacional estadounidense Union Carbide, cunha fábrica de pesticidas nesta cidade india.
A historia de Bophal é unha desgracia descoñecida por case todos, as víctimas están esperando aínda a día de hoxe responsabilidades para poder consolarse polos seus danos. Pero os responsables non aparecen cando se trata de facer fronte a miles e miles de mortes e a moitas xeracións marcadas pola traxedia.
Por último intentamos facer unha sesión de conclusións sobre o xuízo celebrado na clase anterior, aínda que non tivo demasiada participación debido á hora... De tódolos xeitos, grazas polo traballo realizado.
Ata o martes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario