Mostrando entradas con la etiqueta Desenvolvemento Sostible. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Desenvolvemento Sostible. Mostrar todas las entradas

14 abr 2010

7ª SESIÓN: (13 de abril de 2010)

O pasado 13 de abril comezamos a clase de ICD coa ponencia de Pedro Vega Marcote, que nos viña explicar os modelos de desenvolvemento e o desenvolvemento sostible.

Nun primeiro lugar definiu a pegada ecolóxica como o impacto ambiental que provoca a satisfacción das nosas necesidades e que ten como resultado uns cuantiosos residuos producidos, que non somos capaces de absorber.

Dividindo a superficie produtiva de territorio por habitante observamos que hai 1.75 hectáreas por persoa, pero é que actualmente estamos ocupando 2.35 hectáreas de media, por tanto a situación mundial é insostible.

En Galicia necesitariamos 3 planetas para seguir vivindo a este ritmo!!!

Con esta clase intentamos animarvos a todos a cambiar algún hábito de vida sen demasiado esforzo, para lograr frear esta caída ao precipicio.

A segunda parte da sesión estivo protagonizada pola celebración do Xuízo da Nike, unha dinámica que esperamos que servira para divertirvos, pero especialmente para concienciarvos das pésimas condicións laborais de moitas persoas, neste caso das relacionadas co mundo téxtil.

Despois dunha actuación victoriosa da defensa da multinacional e dunha derrota precoz da acusación, o xurado popular dictou sentenza declarando inocente á empresa téxtil.

O vindeiro martes adicaremos uns minutos a debater sobre a celebración deste xuízo e a avaliar a actuación de tódolos participantes.

Moitas gracias polo esforzo realizado.

9 abr 2010

ANUNCIO 7ª SESIÓN

CICLO DE CONFERENCIAS / CURSO:

"INTRODUCCIÓN Á COOPERACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO"

Martes, 13 de abril de 2010:

Ecodesenvolvemento e Desenvolvemento Sostible

- Conferencia impartida por Pedro Vega Marcote, Químico, Psicopedagogo e Investigador en temas de Educación Ambiental. Analizará aspectos relacionados co Ecodesenvolvemento, a Pegada Ecolóxica e o Desenvolvemento Sostible.

O martes, 13 de abril ás 18:00h na Aula 7 da
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña.

16 abr 2009

6ª SESIÓN: (14 de abril de 2009)

Baixo o título de "Desenvolvemento sostible" Pedro Vega Marcote (UDC) amosounos o despilfarro enerxético existente na nosa sociedade consumista actual. Ademáis de realizou unha análise desesperanzadora do futuro que lle espera ó planeta Terra de seguirmos nesta tendencia.

Posteriormente realizouse o cálculo da "Pegada ecolóxica" que cada individuo deixa no planeta. O ponente, tamén deu unhas pautas para Reducir o gasto enerxético, Reutilizar os materiais e Reciclar correctamente os residuos.

Finalmente, seguiuse coa preparación da dinámica do Xuizo de Nike, actividade que se escenificará na vindeira sesión do 21 de abril de 2009.

RECOMENDACIÓNS:

LIBROS:

TÍTULO: Nuestra huella ecológica.
AUTOR: Mathis Wacketnagel e William Rees
ISBN: 9562824055

SINOPSE: Esta obra aborda o debate sobre sustentabilidade e introduce unha nova e revolucionaria forma de determinar o impacto da humanidade sobre o planeta Terra. Está organizado de maneira didáctica con táboas e ilustracións provocadoras que clarifican os conceptos presentados, converte temas complexos en formas gráficas: como a capacidade de carga, a sustentabilidade, o uso de recursos, a disposición de refugallos, e outros temas; que fan deste libro un texto apto para calquera lector.

PELÍCULAS:
TÍTULO: Una verdad incómoda.

AUTOR: Al Gore

SINOPSE: O polémico documental de Al Gore no que se dan datos tan sorprendentes sobre o Cambio Climático.



TÍTULO: Espigadoras.

AUTOR: Agnès Varda

SINOPSE: A francesa Agnès Varda pretende contar un conto tomando como punto de partida a triste y crúa realidade dos que sobreviven grazas aos nosos resíduos.




PÁXINAS WEB:

Reciclaxe e medioambiente na Coruña
Todo o que precisas saber sobre o reciclaxe e as iniciativas de medio ambiente de A Coruña.
Cero CO2
Iniciativa para o coidado do clima.
Ecoloxistas en Acción
Consellos sobre como frear o Cambio Climatico.
Grupo Intergubernamental de Expertos sobre o Cambio Climático
Datos oficiais sobre o Cambio Climatico.
Enerxías renovables
O periodismo das enerxías limpas.
Asociación de productores de enerxías renovables
Centro de investigaciós enerxéticas, medioambientais e tecnolóxicas
Recicla vidro
Datos sobre a reciclaxe.