Mostrando entradas con la etiqueta Axuda en Emerxencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Axuda en Emerxencia. Mostrar todas las entradas

19 may 2011

10ª SESIÓN (10 de maio de 2011)

Este pasado martes tivemos a conferencia de Francesc Cortada Hindersin, director da Área de Relacións con Organismos Oficiais da ONG Intermón Oxfam e Enxeñeiro de Camiños, quen nos introduxo no campo da axuda humanitaria de emerxencia na que é vital a eficacia das solucións a curto prazo, que se van replantexando a medida que o contexto vaia evolucionando.

22 dos 33 países que ocupan a cola no IDH experimentaron conflitos nalgún momento dende 1990, está a crecer o número de conflictos vinculados ó control dos recursos.

Realmente, os desastres naturais non son fortuítos. As crises humanitarias teñen que ver con estes conflitos e coa pobreza. O 90% dos desastres naturais teñen lugar en países en vías de desarrollo. Outro problema que afecta gravemente a xestión da axuda humanitaria é o reparto desigual da mesma debido a intereses xeoestratéxicos.

Pero, qué é realmente a axuda humanitaria? A axuda humanitaria está deseñada para protexer a dignidade humana e basease principalmente en 3 principios:
  1. - A diferenciación entre combatentes e non combatentes.
  2. - A limitación do uso da forza ( hospitales, depositos de auga..)
  3. - O principio de asistencia humanitaria. Sexa cal sexa o conflicto, o dereito internacional humanitario recoñéce o dereito da poboación a ser asistida, aínda que se atopa en crise dende os atentados do 11s.
Mais non só consiste en suministrar coidados e socorrer, senón en facelo dun modo imparcial, non discriminatorio e independente de ideoloxías e relixións.

DESASTRE = Vulnerabilidade + catástrofe - capacidades

Nunha crise humanitaria o primeiro que colapsa son os servizos de sanidade, a protección civil e a salubridade pública. Resulta fundamental a rapidez na resposta e o acceso á poboación afectada a través de corredores humanitarios, e sobretodo, comprender o contexto no que se traballa, saber que se traballará con xente que se atopa hundida emocionalmente e é preciso ter grandes capacidades de escoita activa, para garantir á eficacia da axuda.

Despois do descanso puxeronse diversos exenplos de crises humanitarias e de cómo se xestionou a axuda. A sequía de 1984 en Etiopía que matou a 300.000 persoas, a crise de Lagos, na que se planificou un campo de refuxiados de 200.00 persoas..Todos os exemplos nos mostraron o elevados grado de complexidade da resposta humanitaria. Unha axuda de emerxencia puntual que non contribúa ó desarrollo socioeconómico será só paliativa e está condenada o fracaso a medio prazo.

10 may 2011

ANUNCIO 10ª SESIÓN (10 de maio de 2011)

Martes, 10 de maio de 2011

Axuda en Emerxencia

- Conferencia de Francesc Cortada Hindersin, Director da Área de Relacións con Organismos Oficiais da ONG Intermón Oxfam; Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos; Especialista na área de Hidráulica e Enerxía e Diplomado en Cooperación para o Desenvolvemento.
Falará sobre a axuda en emerxencia e as adecuadas formas de actuación en casos de catástrofes humanitarias.

O martes, 10 de maio ás 18:00h na Aula 5 da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña.

19 may 2010

12ª SESIÓN: (18 de maio de 2010)

O pasado día 18 de maio tivo lugar a sesión Axuda en Emerxencia, explicada por Francesc Cortada Hindersin, de Intermón Oxfam.

Nun primeiro lugar expuxo o que é a axuda humanitaria e a diferencia que existe entre acción humanitaria e axuda oficial ao desenvolvemento. A primeira trata de paliar os problemas a corto prazo e sen embargo a AOD é unha medida de trasfondo político que intenta erradicar a pobreza dende a base.

A continuación ofreceunos varios exemplos de campos de refuxiados e resumiu os numerosos problemas existentes en dous fundamentais: problemas básicos de infraestruturas para manter durante unha media de 14 anos un campamento deseñado só para un (principalmente para garantir o acceso a auga) e o respecto aos liderazgos existentes en cada comunidade.

Fixo fincapé tamén na recorrencia das desgracias ambientais e bélicas nunhas mesmas zonas do planeta: Centro América, a zona do ecuador africano e a costa asiática central.

Para rematar a súa ponencia introduciu un tema moi de actualidade: o terremoto de Haití.

Nun primeiro lugar criticouse a valentía dos gobernos dos países desenvolvidos debido a que ofrecen nun primeiro momento cantidades de diñeiro que logo nunca chegan a doar: a diferencia entre o que se ofrece nun primeiro momento e o que logo se dá é dun 60% aproximadamente.

Haití era un país que xa necesitaba moita axuda antes do terremoto, unha axuda que lle fora denegada poucos meses antes; xa máis dun 60% da poboación vivía con menos de 1$ ao día pero tivo que ocorrer o terremoto para que esta axuda se fixera “real”.

O curso está a piques de rematar, así que desexando que fora proveitoso vémonos o martes para poñerlle fin.

14 may 2010

ANUNCIO 12ª SESIÓN

CICLO DE CONFERENCIAS / CURSO:

"INTRODUCCIÓN Á COOPERACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO"

Martes, 18 de maio de 2010:

Axuda en Emerxencia

- Conferencia de Francesc Cortada Hindersin, Director da Área de Relacións con Organismos Oficiais da ONG Intermón Oxfam; Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos; Especialista na área de Hidráulica e Enerxía e Diplomado en Cooperación para o Desenvolvemento.

Falará sobre a axuda en emerxencia e as adecuadas formas de actuación en casos de catástrofes humanitarias.

O martes, 18 de maio ás 18:00h na Aula 7 da
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña.

7 may 2009

9ª SESIÓN: (5 de maio de 2009)

Na sesión de hoxe, recibimos a visita de Francesc Cortada Hindersin (Intermón Oxfam) que abordou o tema relacionado coa Axuda en Emerxencia, presentando as diferentes funcións e factores implicados no tema. Ademáis expuxo argumentos para reflexionar sobre o modo máis correcto de abordar estas situacións nas que tamén se require colaboura dos organismos que se ocupan desta rama da cooperación. Tamén fixo mención aos erros máis frecuentes que comete a grande maoría da poboación ao reaccionar ante unha catastrofe.

A continuación recibimos a visita de Lorena Rilo (OCV) que nos informou das formas de cooperación que existen a da Oficina de Cooperación en Voluntariado da UCD.

Por outra banda, trala ponencia, fixose a "dinámica de Axentes de Cooperación", a través da que os alumnos interpretaron un papel determinado defendendo os intereses do organismo ao que cada un representaba, deste xeito, tivo lugar un interesante debate no que se puideron comprobar as distintas posturas a favor e en contra da construcción dunha presa no Brasil.