14 mar 2011

ANUNCIO 3ª SESIÓN (15 de marzo de 2011)

Martes, 15 de marzo de 2011

Banca Ética ou Alternativa


- Conferencia de
Arturo Losada,
membro de Fiare, entidade que nace co obxectivo de crear unha ferramenta de intermediación financeira en forma de cooperativa de crédito que vele polo interés común, pola participación e a transparencia, e polo servizo á xustiza; pemitindo dirixir o aforro de persoas, familias e organizacións cara proxectos que supoñan unha transformación da nosa sociedade e rescatar o valor social dos cartos e a actividade económica, poñéndoos ao servizo dun mundo máis xusto e humano.

O martes, 15 de marzo ás 18:00h na Aula 5 da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña.

7 mar 2011

2ª SESIÓN: (1 de marzo de 2011)

A segunda sesión, que tivo lugar o pasado 1 de marzo, iniciouse coa presentación da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña, por parte de Lorena Rilo ( Técnica da OCV) e Luis Hervelle Nieto (Director da OCV ), dando a coñecer os diferentes proxectos nos que se involucran,as áreas nas que traballan e citando os proxectos que teñen en marcha actualmente: infancia e adolescencia, persoas sen fogar, reclusos, hospitalizados..etc

Tras isto, tivo lugar a conferencia de Andrés Maneiro sobre o caso do
software libre no mundo do desenvolvemento. Na que vimos cómo a propiedade intelectual pode xerar barreiras nos países con sectores dinámicos de coñecemento e como máis que incentivar, úsase como arma para eliminar competencia.
Entón plantexábase a seguinte cuestión: ¿Son necesarias
as patentes para fomentar a creación?
No campo do software libre, expuxéronse as vantaxes dun modelo aberto. Quizáis a máis salientable sexa que o usuario ten a propiedade da aplicación, e os custos que supón o pago de licencias nun momento económico como é o actual.

Xa para rematar, vimos o vídeo "Binta, y la gran idea" que derivou nun debate acerca do concepto de benestar e crise.

Vémonos o próximo martes 15!

28 feb 2011

ANUNCIO 2ª SESIÓN (1 de marzo de 2011)

Martes, 1 de marzo de 2010

Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano. Software Libre.

- Conferencia de Andrés Maneiro Boga, Enxeñeiro Técnico Industrial e especialista en Software Libre. Falará sobre a aplicación da Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano, a Propiedade Intelectual e a súa relación con temas de Desenvolvemento Social.

- Intervención de Lorena Rilo Pérez, técnico da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña, que se encargará de presentar e dar a coñecer as actividades que realizan dende este organismo.


O martes, 1 de marzo ás 18:00h na Aula 5 da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña.

23 feb 2011

1ª SESIÓN: (22 de febreiro de 2011)

Este martes 22 de febreiro deu comezo a asignatura de ICD, agora comezamos o blog de este ano coa ilusión de que o leades, xa que se contarán anécdotas das clases e resumirase o contido das mesmas, a modo de diario.

En primeiro lugar, José Anta e Quique Peña, profesores da Universidade da Coruña, presentaron a asignatura, comentando a orixe desta iniciativa e aclarando a intencionalidade das clases, poñendo sobre a mesa os criterios de avaliación, e instando a todos a participar, esquecendo os formatos habituais de clase.

Tras isto, presentámonos os voluntarios, e demos a coñecer a nosa labor e a nosa resposabilididade para con esta asignatura, sobretodo á hora da entrega das prácticas, asistencias, etc...

Xa tras todas as presentacións, deu comezo a charla do día. Enrique Saez, foi o encargado de introducirnos en materia, dando a conferencia sobre " Comercio e desenvolvemento".
Desenrolou o tema da pobreza como un problema global, e expuxo varias ideas fundamentais como que "se non viaxa o traballo, viaxan as persoas" e que "o comercio produce desenvolvemento" xerando un interesante debate entre os alumnos que de seguida mostraron a suas opinións debatindo acerca da necesidade ou non do intervencionismo e os aranceis. Para rematar, quedou no aire a seguinte idea:
"O principal activo do mundo, son as persoas".

Por falta de tempo houbo que cortar o interesante debate, aínda que estamos gratamente sorprendidos polo nivel de participación, encantounos ver cómo surxía tan pronto o debate e todos se animaban a participar. Que non decaiga!!


Despois dun breve descanso, e xa para rematar a xornada, comezou a dinámica da cadeiras, na que levabamos preparados varios incentivos para a participación como paquetiños de sugus ou a pelota fatídica que obriga a falar, pero por sorte, apenas fixo falta. Todos sacaron a idea de cómo está repartido o mundo e debatiuse acerca da nosa pasividade, ou de cómo pode afectar o reparto da riqueza sen planificación. Pronto surxiu un comercio de cadeiras entre os continentes, e todos amosaban interese nos debates. Noraboa! Esperamos que tiverades unha boa primeira impresión, ao igual que nós a tivemos.

Vémonos o martes!

17 feb 2011

ANUNCIO 1ª SESIÓN (22 de febreiro de 2011)

Martes, 22 de febreiro de 2010

Comercio e Desenvolvemento. Situación Mundial.


- Conferencia de
Enrique Sáez Ponte, economista, avogado e escritor de numerosos libros e artigos periodísticos. Analizará a relación entre o comercio e o desenvolvemento e a situación mundial actual.

O martes, 15 de febreiro ás 18:00h na Aula 5 da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña.

25 oct 2010

Comezo do curso 2010/2011

Xa comezou o curso, e con el a nosa preparación da asignatura que comezará logo dos exámes de febreiro. Será un curso de novidades, onde trataremos novos temas e intentaremos coma sempre conseguir facer unha asignatura diferente e coa premisa fundamental de ensinar cunha mirada diferente o mundo que nos rodea.

Moito ánimo para o inicio de curso e vémonos no 2º cuatrimestre.

29 may 2010

FIN DO CURSO 2009/2010

A piques de chegar ao mes de xuño, toca poñer o punto e final a este novo curso da materia de Introducción á Cooperación para o Desenvolvemento. Desexamos que fose do agrado de todos os participantes, tanto alumnos como voluntarios, e que se cumprisen os obxectivos do mesmo:

- Comprender mellor a realidade do mundo.
- Coñecer as causas dos desequilibrios que nel existen.
- Adquirir unha visión máis respetuosa e comprensible coa diversidade étnica, cultural e relixiosa que nos rodea.

Agradecemosvos a todos os que nos seguistes a través deste blog, así como tamén no Facebook de ICD e recordámosvos que si vos gustou o curso e queredes profundizar máis sobre algún tema concreto ou si estades interesados en colaborar, participar ou formar parte de ESF Galicia, non tedes máis que contactar con nós:

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos.
Campus de Elviña, s/n.
981 16 70 00 Ext.: 1479
info@galicia.isf.es
http://www.galicia.isf.es

O ano pasado, para rematar o curso, recurríamos ás verbas de Mario Bennedetti onde se plantexaba moitas preguntas que deberían facernos reflexionar (podedes leer o poema completo premendo AQUÍ).

Polo tanto, para non perder as boas costumes, recurrimos unha vez máis ao seu poemario para reflexionar, nesta ocasión, sobre o futuro que temos por diante e as cousas que podemos ou debemos facer como persoas-seres humanos-habitantes deste planeta que somos, si queremos tratar de mudar todo aquelo que nos parece inapropiado e non contribúa a conseguir acadar unha sociedade máis xusta, igualitaria e mellor para todos.
O futuro xa está ahí, así que compre ir actuando...

[...]


lento pero viene
el futuro se acerca
despacio
pero viene

ya casi está llegando
con su mejor noticia
con puños con ojeras
con noches y con días

con una estrella pobre
sin nombre todavía

lento pero viene
el futuro real
el mismo que inventamos
nosotros y el azar

cada vez más nosotros
y menos el azar

lento pero viene
el futuro se acerca
despacio
pero viene

lento pero viene
lento pero viene
lento pero viene

Mario Benedetti