O microcrédito é unha forma de axuda nacida hai 30 anos na India, e está enfocada prioritariamente a grupos de mulleres, debido as condicións salariais, de segregación e de violencia nas que viven.
Ambas formas de axuda distan moito de quedar só en melloras económicas, dado que supoñen a creación dunha rede social de formación e de integración das mulleres na sociedade, xogando un papel importante na eliminación dos estigmas sociais que as rodean.
Posteriormente proxectouse "Semente", un audiovisual mostra, a través das experiencias vitais das mulleres da Índia, as melloras que supuxeron nas súas vidas os grupos de aforro, e como coa axuda do "boca a boca", cada día son máis as mulleres que se agrupan para solicitar microcréditos e axudarse mutuamente.
Tralo descanso proxectouse o documental "Una nube sobre Bhopal" e entregouse a correspondente práctica que se recollerá se recollerá na vindeira sesión do 5 de maio de 2009.
Finalmente fíxose un debate aberto para expoñer os diversos puntos de vista e opicnións xurdidas na dinámica do Xuizo de NIKE.
RECOMENDACIÓNS:
LIBROS:

TÍTULO: Era medianoche en Bophal
AUTOR: Dominique Lapierre e Javier Moro
ISBN: 9788408042389
SINOPSE: Esta obra constitúe un minucioso relato da traxedia, empregando como eixe conductor a unha das familias de chabolistas afectadas pola nube tóxica que acabou coa vida de miles de seres humanos o 3 de decembro de 1984. É o produto dun magnífico, profundo e dificultoso traballo de investigación que ten en conta o desenvolvemento cronolóxico dos acontecementos que derivaron na catástrofe, o contorno social e cultural en que esta se produce e as consecuencias inmediatas e posteriores que representou para unha comunidade dun millón de habitantes nun país como a India. Esta obra é, por outra parte, un berro de alarma e unha advertencia do que representan algúns avances industriais e os seus efectos sobre as persoas e o medio ambiente, nun mundo onde non en todas partes a vida humana e o contorno natural non teñen, disque, o mesmo valor. Por último, "Era medianoche en Bhopal" é unha reclamación moral de xustiza en nome dos centos de milleiros de afectados nesta traxedia. Como lección maxistral de solidariedade, os autores implicáronse na reparación dos danos e financian co froito do seu traballo varias accións humanitarias en Bhopal.
PRENSA:
Así contaba a prensa da época a catástrofe de Bophal:
Centenares de muertos en la India al producirse una fuga de gases venenosos de una fábrica de pesticidas
Artigo publicado no xornal El País o 4 de decembro de 1984
Bophal: confusión, contradicciones e interrogantes
Artigo publicado no xornal El País o 13 de decembro de 1984