28 may 2009

11ª SESIÓN: (26 de maio de 2009)

Nesta derradeira sesión, Vanessa Míguez Martín, antropóloga de profesión, escomezou a súa ponencia cunha pequena dinámica que tiña por finalidade coñecer os prexuízos e datos daqueles países que teñen maior múmero de emigrados no noso entorno.

Posteriormente, tocou conceptos que xeraron controversia entre os asistentes e que provocaron un interesante debate, termos como extranxeiro, emigrante, inmigrante, costumes culturais fronte a dereitos humanos, etc ...

Finalmente os conceptos de diversidade cultural, multiculturalidade e interculturalidade convidaban a replantexase a toleracia, o respeto e o racismo existente na nosa sociedade, tendo en conta que un mesmo feito se pode ver de moitas visións diferentes, e segundo a posición na que se atope o visionario, todas elas válidas sempre e cando prevaleza o respeto e a tolerancia duns seres a outros.
Para rematar, realizouse a "dinámica dos cubos" coa que se pretende facilitar unha mellor comprensión dos procesos de producción e sistema de intercambio comercial entre países industrializados e países en vías de desenvolvemento.

10ª SESIÓN: (19 de maio de 2009)

Virginia Romero Sobral (ex colaboradora do IGADI) impartiu unha charla relacionada coa historia dos proxectos de Cooperación; nela, fixo especial fincapé nos conceptos base da organización, a formación e o funcionamento dos diferentes factores actuantes dentro da elaboración e posta en funcionamento dun proxecto destas características.

Posteriormente, Enrique Peña González (UDC) falou sobre a Axuda Oficial para o Desenvolvemento, para o que empregou constantes comparativas entre os diferentes paises, a diferente porcentaxe do seu PIB para axuda para o desenvolvemento que lle adica cada un deles, chegando a conclusión de que os que máis lle adican son os estados do norte de Europa.

Ademais, axudounos a poñer en coñecemento a maneira de inversión desas porcentaxes de axuda desentramando as redes gubernamentais.

7 may 2009

9ª SESIÓN: (5 de maio de 2009)

Na sesión de hoxe, recibimos a visita de Francesc Cortada Hindersin (Intermón Oxfam) que abordou o tema relacionado coa Axuda en Emerxencia, presentando as diferentes funcións e factores implicados no tema. Ademáis expuxo argumentos para reflexionar sobre o modo máis correcto de abordar estas situacións nas que tamén se require colaboura dos organismos que se ocupan desta rama da cooperación. Tamén fixo mención aos erros máis frecuentes que comete a grande maoría da poboación ao reaccionar ante unha catastrofe.

A continuación recibimos a visita de Lorena Rilo (OCV) que nos informou das formas de cooperación que existen a da Oficina de Cooperación en Voluntariado da UCD.

Por outra banda, trala ponencia, fixose a "dinámica de Axentes de Cooperación", a través da que os alumnos interpretaron un papel determinado defendendo os intereses do organismo ao que cada un representaba, deste xeito, tivo lugar un interesante debate no que se puideron comprobar as distintas posturas a favor e en contra da construcción dunha presa no Brasil.